Perdoádeme que vos teño algo abandonados, pero estos días están sendo algo complicados. De todas formas non vos preocupedes por nada, o único que igual non son tan puntual coma antes.
Bueno nestas semaniñas ides a facer un resumo/balance do que foi o voso curso, por exemplo cousas que vos gustaron, que non, historias que recordades, momentos graciosos, que esperades de cara o ano que vén, o que máis botades de menos...
Que teña unha presentación bonita, podedes decoralo como queirades. Cando o teñades mandádesmo ao correo. Para cerrar o blog, a semana que vén, vou subir todos estes resumes que me mandedes, polo que sede orixinais.
Moitos bicooooos😘😘😘
No hay comentarios:
Publicar un comentario