lunes, 4 de mayo de 2020

Coplas maios

Bos días e feliz semana!!!
Arriba eses ánimos que estás mañás tan alegres de bo tempo teñen que cargarnos as pilas 😊

Bueno, vistes todos o vídeo tan divertido que subiu onte a teacher, non? Cantando esa copla tan orixinal 😂

Pois para celebrar os maios, ahora que xa me investigastes sobre eles vouvos propor que continuedes a súa copla, é dicir, tedes que inventar algunha estrofa que continúe as de Manoli seguindo o ritmo que ela nos propuxo.
Cando as teñades mandádesmas ao correo. Podedes mandar as estrofas que queirades, se estades inspiradxs non vou ser eu quen vos limite, e logo con todo o que me mandandedes xuntarémolo facendo unha soa copla, seguro que sae xenial 😉

Así que a inspirarse, que esta mañá de maio e de primavera nos sirva para elo.

Logo vouvos subir unha sorpresiña 🥰🥰🥰🥰


3 comentarios: