Bos díiias!
Vexo que vos gustou o vídeo dos sanitarios! Qué beeen! A min encantoume velo. Non obstante, soamente recibín dous correos con novas estrofas para seguir a copla da teacher e iso non pode ser, quérovos a todos pensando e dándolle á imaxinación.
Tamén me faltan recomendacións libros de moitos de vós, animádevos porque iso vai a ser algo para vós.
A porse as pilas todo o mundo!
Hoxe deixovos unha fichiña de mates para recordar un aspecto que nomeamos en clase pero que non nos deu tempo a dar: o sistema de lonxitude.
Recordamos que para abaixo ou cara a dereita multiplicamos e cara arriba ou esquerda dividimos e así pasamos duns a outros.
Na ficha aparecen uns exercicios moi sinxeliños simplemente para que recordemos e non caia no olvido total.
Logo tedes unhas multiplicacións con decimáis.
Ficha mates
(Son dúas páxinas, aínda que vexades máis en branco foi que me esquecín de eliminalas ao pasalas a pdf, non é que falte nada)
Tedes toda a semana para facela, prefiro que me mandedes antes o do libro ou as coplas.
Moito ánimoooooooo!!
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarSoraya, la copla te la mandamos escrita o cantada?
ResponderEliminarSi te animas a mandármela cantada, genial!
Eliminar