Mirade rapaces vouvos deixar aquí a copla dos maios completa con todos os que participastes. POR FAVOR SE ALGÚEN ME MANDOU A SÚA ESTROFA POR CORREO E NON APARECE AQUÍ QUE MA VOLVA MANDAR.
OS QUE NON PARTICIPASTES DÉIXOVOS DE PRAZO ATA O XOVES A MAÑÁ, espero que lendo as estrofas dos vosos compañeirxs vos chegue a inspiración.
Moitos veredes as vosas estrofas modificadas, simplemente foron detalliños para que vos soe mellor.
Que temos que facer ahora?
Pois ben, ahora ídesvos grabar cada un de vós cantando a vosa estrofa.
Como o imos a facer?
1. Móbil en horizontal (para que cando xunte todos os vídeos estén na mesma posición).
2. Alumno/a fronte a cámara a poder ser de xeonllos cara arriba ou primeiro plano, para que non se nos vexa moi lonxe.
3. Procurar que se escoite o mellor posible, sen ruídos de fondo e cunha entonación clara (Xa sei que non somos cantantes profesionais, pero si que sabemos entonar).
4. Envíademo ao meu correo sorayamiranda@edu.xunta.gal Prazo ata o domingo 17 ás 21:00.
O luns procurarei telo listo e xa volo farei chegar a cada un/unha de vós.
Deixovos aquí o vídeo dos maios da teacher para os que non o fixestes aínda e vaiades máis rápido. Recoméndovos tamén antes de grabar os vídeos que o esoitedes para seguir mellor o ritmo.
Vainos quedar un recordo precioso dos maios deste ano, que aínda que estivemos separados, como decides nas vosas estrofas atopamos a forma de celebralo todxs xuntos.
Calquera dúbida escribídeme ao correo.
Aquí deixo a copla
Aquí vén o maio,
Maio confinado
Porque hai un
virus,
porque hai un virus
que nos ten
pechados.
Que nos ten
pechados, pero venceremos
Porque somos
fortes,
Porque somos
fortes
Porque nos
queremos
(Carlos)
Porque nos
queremos xuntos seguiremos,
Porque somos
amigxs,
Porque somos
amigxs,
E xuntos
loitaremos.
(Martín)
Porque nos
queremos e queremos vernos,
Facemos as
cousas,
como ben podemos
e xuntos, moi
xuntiños estaremos.
(Iker)
Porque nos
queremos todos xuntos loitaremos,
Contra o
Covid-19,
Contra o
covid-19,
E así o
venceremos.
(Ezequiel)
Tanto nos queremos que loitaremos,
e por suposto,
e por suposto,
nunca nos renderemos.
(Lucía R.)
Estes, estes
maios estaremos confinados,
Lávamos as mans,
Lávamos as mans,
Se queremos
abrazarnos.
(Diego C.)
Xa chegaron os
maios pero non os podo ver,
Porque quedo na
casa,
Porque quedo na
casa,
Con meus pais e
irmán Daniel.
(Alberto)
Aquí vén o maio,
maio encerrado
Pero sairemos,
Pero sairemos
Desta ameaza.
(Yago)
No patio da miña
casa, soa unha canción que arrasa
E todos berramos,
E todos cantamos,
A ver se esto
pasa.
(Camila)
En cada esquina, temos un amigo,
En cada rostro alegría,
En cada rostro alegría,
de vernos algún día.
(Camila)
En cada esquina, temos un amigo,
En cada rostro alegría,
En cada rostro alegría,
de vernos algún día.
(Dana)
Xa chegou o maio,
enfermo e contaxioso,
Xa chegou o maio,
xa chegou o maio,
E segue sendo
fermoso.
(Eva)
Aquí vén o maio,
un maio diferente
Non imos ao cole,
Non imos ao cole,
Non vemos á
xente.
(Brais)
Ao coronavirus
todos resistiremos,
Moi fortes seremos,
Non nos
preocupemos,
Que os maios
celebraremos.
(Lucía F.)
Xa veñen os maios
do virus coronado,
Non é cousa de
broma,
Non é cousa de
risa,
Porque nos teñen
confinados.
(Xián)
Agora xa saímos
dar uns paseíños,
Estamos
contentos,
Estamos
contentos,
Porque nos
movemos.
(Raúl)
Aquí vén o Maio Do setenta e cinco
Disposto a criticar
Disposto a criticar
a máis de vinte e cinco
(Martina)
Coidado Covid-19
que en Ourense hai heroes,
Persoas que nos
coidan,
Persoas que nos
miman,
Nos protexen e
axudan.
(Sergio)
Os nosos maiores son
os máis sensibles,
este bicho é
malo!
Este bicho é
cruel!
non podrá con "iles"
(Zaira)
Con moita certeza
paseos daremos
Con moitos
amigos,
Con moitos amigos
que boto de
menos.
(Tami)
Eu xa estou farto
de quedar na casa,
Necesito parque,
Necesito parque,
Xa me falta o
aire.
(Diego A.)
E sairemos todos
xuntos,
Con moita máis forza,
Con moitas máis
ganas,
Cando por fin
venzamos.
(Roi)
E como nos
queremos así loitaremos,
Por fin
gañaremos,
Por fin
gañaremos,
Xuntos venceremos.
chulísimo!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
ResponderEliminarAlberto