jueves, 7 de mayo de 2020

Relevo galego

Bos días!!!!

Xa estamos rematando a semaniña e estádesme enviando poucas copliñas para o día dos maios. Esta semana quería telas todas, para unilas e intentar facerla con sentido, polo que si mas enviades pronto temos a oportunidade de melloralas. Animádevos.

Hoxe imos facer un mapiña de Galicia no caderno de sociais para repasar o seu relevo. Intentádeo facer nun tamaño grande, por exemplo que ocupe unha carilla. Ides a colocar nel as Serras, chairas, depresión e vales.

De título ides a por Macizo Galaico, que é o conxunto de todas esas formas de relevo.

Podédesvos axudar do libro de sociais ou podedes invertigar un pouquiño en internet. Mandádeme fotiños.

Déixovos un mapiña para que vos sirva de guía.


Podedes facelo con cores (terreos elevados de marrón claro, chairas de marrón clariño...)

Moitos bicos, que o estades facendo fenomenal e non vos esquezades das coplas.!!!!!

6 comentarios: