lunes, 15 de junio de 2020

Hi boys  and girls!!

Here is a recommendation for this week : look for this Information in You Tube. I think you Will find It very interesting.

Life in Space: A Tour by Astronaut Sunita Williams


I still love youuuuuu!!!
😘😘😘😘

domingo, 14 de junio de 2020

Noticia

Boaaas!

Botádelle un ollo a esta noticia, a ver qué vos soa e que vos resulta coñecido dela.


http://lavoz.gal/qznhi2


😉😉😉😉😉

jueves, 11 de junio de 2020

Pintamos con huellas

Bueeenos díaaaas!

Como imos?????

Hoxe vouvos propor unha actividade moi divertida. Imos a pintar con huellas. Cas huellas das nosas mans.

Como onte foi o dia dos océanos, quero que pintedes algo relacionado con eles: unha estrela de mar, un peixe...

Tédelo que facer mollando a huella do voso dedo en pintura para dedos, acrílica, témperas... e plasmándoa no papel facendo o debuxo que queirades.

Van a ser debuxos únicos, xa que ninguén ten a mesma huella ca nós.

Déixovos un vídeo de exemplo:


Buscade debuxos relacionados cos océanos.

Recordade mandarme os resumos do curso!!!!!!

Bicos 😘😘😘😘

miércoles, 10 de junio de 2020

Último repaso

Bos días!

Canto sinto non poder ter a videoclase de hoxe. Déixovos algunhas das actividades que tiña preparadas para facer.


Facédea na libreta de mates, os que queirades debuxar os obxectos adiante, os que non podes o nome e ao lado a figura que representa.

Tamén vos deixo o enlace da lectura do principiño que estabamos a ler. Procurade ler en voz alta tamén para non perder esa soltura:

http://www.agirregabiria.net/g/sylvainaitor/principito.pdf

Non vos olvidedes de mandarme esos resumes do curso que pedín o luns. Xa vin alguna que ata me emocionaron. Animadevos todos!!!!
Moitisimo ánimo nesta recta final!!!
😘😘😘😘😘😘😘😘

martes, 9 de junio de 2020

Curiosidades número “Pi”

Olaaaaa, boas tardes!!!

Como imos?????

Mirade hoxe imos a falar do número “Pi”. Non sei se vos acordades que o nomeamos algunha vez en clase, pero non nos deu tempo a chegar a el. Pois hoxe imos a ver algunhas curiosidades sobre el que quero que copiedes na libreta de mates, baixo o título que vos deixo aí, para que nos vaia soando de cara ao ano que vén.


Imos entón aprender un pouquiño deste número tan enigmático:

O día das matemáticas e o número "Pi" celébranse o 14 de marzo, xa que si escribimos a data en inglés, é 3/14, ademáis asúa celebración comeza ás 1:59 pm: sendo estas as seguintes cifras deste número: 3,14159.

Este número foi calculado por primeira vez por Arquímedes de Siracusa, matemático, físico, ingeniero, astrónomo e inventor grego.

A celebración deste número coincide coa data de nacemento de Albert Einstein, que naceu o 14 de marzo de 1879. Algúns o chaman o día máis "nerd" do ano.

O seu símbolo ten máis de 3 siglos, foi William Jones quen introduciu este símbolo en 1706.

O seu número de cifras decimáis é infinito.

É moi misterioso e estudiado en todo o mundo.

O número Pi é o máis popular que existe, podemos atopalo na natureza, obras artísticas, películas, series...

O ano que vén traballaredes máis con el, peroasí xa vos vai soando.

Beixiños!!!!!

lunes, 8 de junio de 2020

Resumo do curso

Boaaaaas!

Perdoádeme que vos teño algo abandonados, pero estos días están sendo algo complicados. De todas formas non vos preocupedes por nada, o único que igual non son tan puntual coma antes.

Bueno nestas semaniñas ides a facer un resumo/balance do que foi o voso curso, por exemplo cousas que vos gustaron, que non, historias que recordades, momentos graciosos, que esperades de cara o ano que vén, o que máis botades de menos...

Que teña unha presentación bonita, podedes decoralo como queirades. Cando o teñades mandádesmo ao correo. Para cerrar o blog, a semana que vén, vou subir todos estes resumes que me mandedes, polo que sede orixinais.

Moitos bicooooos😘😘😘

viernes, 5 de junio de 2020

Carteles medioambiente

Hola chicxs!!!!!

Rematando a semaniña... hoxe vouvos a pedir que para o fin de semana a ver se me facedes uns carteliños ben chulis para concienciar da importancia de coidar o medioambiente, vale?
Utilizade algún lema guay, debuxiños...

Mándovos moitos biquiños 😘😘😘

Disfrutade do fin de semana e sede responsables.
💛💛💛💛💛💛💛💛
HI  everyone!!! I hope you are well, making a last effort to finish this "special" school year and keeping happy.

Here you have some rewiew worksheets. You can try and do it when you can and then check the correct answers and let me know you did them.

As you know I´m living a difficult time at home so, PLEASE be good and autonomous and try to work on your own.

Resumindo: fichas de repaso desas autocorrexibles e interactivas. facede click no enlace e ábrese outro para ir á ficha.
Sabedes que teño unha situación algo complicadilla Asi que, por favor sede autónomos , responsables e facede un derradeiro esforciño Vale?? Xa non queda nada.

Mandádeme o que queirades ao correo e lembrade sempre que vos quero un montón.
Que ganiñas de vervos outra vez !!!

kisses and hugs!!! Apretiñas

MIXED

https://es.liveworksheets.com/ay712355eb  FIND OBJECT BEGINNING WITH F
https://es.liveworksheets.com/gs712516km  CLOTHES AND ACCESSORIES

jueves, 4 de junio de 2020

Cortos medio ambiente

Booos días!!! Como imos??

Vouvos deixar dous cortos moi divertidos sobre o medio ambiente, que como sabedes mañá celébrase o seu día!

Son moi divertidos e espero que vos gusten 🤗







Tamén é un bo momento para plantar unha semilliña e crear unha nova vida. Xa sabedes que en entradas anteriores tedes vídeos de exemplos de como plantalas, animádevos e aportade a vosa semilliña polo medio ambiente.

Bicooooos 😘😘😘😘

miércoles, 3 de junio de 2020

Actividades para el día del medio ambiente

Buenos días chicxs!!!!

Mirade este venres, día 5, celébrase o día mundial do medio ambiente, e imos levar a cabo unha serie de actividades con ese motivo.

Hoxe propóñovos o visionado do seguinte vídeo:


Está en inglés, pero ides seguindo os subtítulos que aparecen abaixo.

Quero que, unha vez que o reproduzades, me contestedes a dúas preguntas no caderno de sociais:

1. Como vos sentiríades se de repente as costas de Vigo, Pontevedra, A Coruña... se convertiran nas costas das que nos fala o vídeo? Como actuariades?

2. Que solución lle atopades para todos eses residuos?

Espero as vosas fotiños.

martes, 2 de junio de 2020

Suma, resta e multiplicación con decimais

Booooos días!

Hoxe para finiquitar tamén un pouco o tema dos números decimais, déixovos unha ficha cunhas operacións distintas ás da división.

Operacións con decimáis

A tardiña mandarei as cartas recibidas.

Moitos bicoooos que xa queda menos!

lunes, 1 de junio de 2020

Determinantes para a semana

Feliz luns e feliz comezo de semana!!!!!

Hoxe empezamos mes novo, Xuño, e en nada estamos xa nunha nova estación, o verán, aínda que pareza que xa estamos nel agora mesmo, porque.... vaia calor está facendo estos días.

Para finalizar xa cos determinantes e que nos queden súper claros, imos a facer esta ficha sobre eles, agora que xa os coñecemos todos. Vai ser o último que traballemos sobre eles.

Determinantes


Recórdovos que hoxe remato o plazo para enviarme as cartas para un compañeiro/a voso/a, polo que os que aínda non as enviastes poñédevos as pilas esta tarde.

Moitoooooos ánimos neste novo mes, imos a collelo con ilusión!

viernes, 29 de mayo de 2020

Lectura fin de semana

Bos días grupo!!!!!

Chegamos ao final da semana. Para o fin de semana déixovos unha lecturiña moi divertida para que sigamos traballando a comprensión dos textos.

Xefes de cociña

Disfrutade moito do fin de semana.

Moitos bicos!


jueves, 28 de mayo de 2020

Final esquema determinantes

Boooos días!!!! Feliz xoves

Hoxe imos a rematar o esquema dos determimanates co punto 6 e 7 que corresponden aos interrogativos e exclamativos. Posiblemente sexan os máis faciliños de reconocer, pois veñen acompañados dos símbolos de interrogación e exclamación. Cuales son? Que, como, donde, cuantos...

Ides a facer como a semana pasada punto 6 OS DETERMINANTES INTERROGATIVOS. Unha definición debaixo e algún exemplo. O mismo co punto 7.

Para a semana faremos outro exercício de recoñecelos todos.

Moitos bicos 😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘

miércoles, 27 de mayo de 2020

Hi...
Vouvos poñer un esquemiña de “there is” “ there are” que é a fichiña q vos mandei.

HAY ( forma impersonal do verbo “Haber” en Inglés dise diferente cando o q hai é unha cousa sola( singular) ou cando son mais de unha ( plural).


HAY. ———— THERE IS ( sing)
                            THERE ARE ( plu.)

Interrogativo ( preguntas) ——- IS THERE.....?
                                                     ATE THERE....?

Negarivo —————THERE IS NOT  ( THERE ISN’T).....
                                     THERE ARE NOT ( THERE AREN’T)......


Copiadeo no Learning Diary para q nos quede xa ahí . Ok??

Se tedes alguna dúbida, xa sabedes...  ASK!!

Beixiños...

Texto determinantes

Bos días e feliz mércores!!!!!!!

Como vai indo a semaniña? Espero que xenial ☺️

Bueno hoxe imos por en práctica todo o aprendido dos determinantes e imos intentar localizar no seguinte texto artigos, demostrativos, posesivos, numeráis e indefinidos. Non fai falta que copiedes o texto, simplemente con que poñades no caderno unha tabla e vaiades clasificando as palabras sería suficiente.

Calquera dúbida preguntádeme sen problema.
Animooooooo e seguido así 😘😘😘

martes, 26 de mayo de 2020

Carta a un amig@

Buenos díaaaaaas grupoooo!!!!

Hoy os traigo una actividad un poco más interactiva. Quiero hacer una cadena de cartas. Os explico:

Se trata que después de estos meses que pasamos en casa le contéis a un amigo o amiga vuestra experiencia, una vez que la tengáis me la mandáis a mí y yo sé la haré llegar a vuestro destinatario/a.

Fácil no?

Os voy a pedir esta vez que lo intentéis hacer en formato digital (word o similar), o que la escribáis directamente en el correo electrónico. Si no podéis no pasa nada la hacéis en la libreta de lengua o de gallego y le hacéis la fotito.

Recordad las partes de una carta: saludo, cuerpo (desarrollo de la carta, donde contamos lo que queremos decir) y despedida.

Qué podéis decir? Pues en ella podéis contarle todo lo que queráis a vuestro amigo/amiga (puede ser de 5A o de 5B), por ejemplo: como os sentisteis el último día de colegio, que habéis hecho durante el encierro, que echasteis más de menos, cómo fue la primera salida... lo que se os ocurra.

Muy importante leer las cartas antes de mandármelas para ver si tienen sentido. Recordad no hacer frases muy largas que se hacen pasadas al leer, utilizad puntos, comas...

Hasta el 1 de junio para enviármelas.

Besoooos😘😘

lunes, 25 de mayo de 2020

Hi my dear students!!! How are you? I hope you had a wonderful weekend. My "things"seem to go a bit better. Granny is quite well. She was operated and now she has to recover step by step. Slowly but ... she is very old ( 90 next month!!)
Así que os he preparado unas fichitas de repaso. A ver si os gustan y os resultan fáciles. Ya sabéis que cualquier duda la preguntáis.

Clicáis en el enlace y se os abre otro para ir a la ficha - Luedo , una vez deis a "terminado" podéis corregirla vosotros mismos o , si tenéis dudas la enviáis a mi correo : manoli.ceipocouto@gmail.com.

I love you a lot.

beixiños


https://es.liveworksheets.com/na601gy


Divisións

Hola chicxs!!!!

Perdoade que hoxe non tiven tempo para subirvos aínda nada.

Déixovos unhas divisións para que fagades e repasemos que sempre nos costan un pouquiño, mañá xa vos subo algo máis chuli



A tardiña vouvos a pasar o vídeo dos maios aos que participastes.
Un saúdo e unha aparta grande😘

viernes, 22 de mayo de 2020

Hi!!!
Chicos , xa vos puxen en Abalar que a semana q ven non vou poder Facer videoconferencias. Teño Problemas familiares de hospital.
Tedes os contidos q hai  q repasar no Learning diary ( present simple, present continuous , frequency adverbs, comparativos, e todo o q vexames de verb to bê, have etc) e tedes  Travelers para facelo, así que, este é o momento de demostrar a vosa autonomía na aprendizaje e traballar sos. Tedes o q queda de curso para repasar pero tamén todo o verán . Lembrade q Travelers dura ata Setembro.
Quérovos e vótovos moito moito de menos.
Ánimo e Moira forza!!!
😘😘😘😘😘

Galego para o finde.

Bos días e feliz venres!!!!!

Hoxe vouvos deixar unha ficha de galego moi sinxeliña para repasar un pouquiño acentuación, palabras simples e compostas, substantivos...

Seguimos na semana das nosas letras galegas, polo que seguimos traballando en galego.

Ficha galego

Para a semana xa vou ter o vídeo dos maios, gracias pola vosa paciencia.

Disfrutade do fin de semana moito.

Un biquiño!!!

jueves, 21 de mayo de 2020

Un pouco de E.F.

Buenos días!!!!

Hoxe imos cambiar un pouco de rexistro, para que vos poñades ao día coas tarefas pero sobre todo para que fagades un pouquiño de EF.

Déixovos este tablero para que xoguedes en Familia. E moi similar ao xogo da oca, soamente que neste caso temos ratos.

Os que non o podades imprimir anívomos a que o debuxedes por exemplo nunha cartulina.

Espero que pasedes un bo rato e sobre todo que fagades un pouquiño de actividade física.

Moitos bicooooooos, calquera dúbida aquí estou!
😘😘😘😘😘😘😘

miércoles, 20 de mayo de 2020

Booooos días a todxs!!!!

Como vai evolucionando a semana?

Bueno hoxe vouvos pedir que continuemos ese esquema/resume que levábamos dos determinantes. Os últimos que resumíramos foran os posesivos, verdade, que puxeramos unha definición e os exemplos; pois hoxe imos a resumir os numerais(uno, dos, primero, Segundo...) e os indefinidos (alguno, pocos, varios...).
Primeiro de todo ides a libreta de lengua e comprobades que os posesivos son os últimos que tedes, senon os resumistes facédelo agora.


É moi simple, colocamos o número que ocupa na nosa clasificación: os posesivos eran o 3, pois os numeráis serán o 4. E os indefinidos o 5. Seguido do seu nome, a modo de título.
Debaixo facedes unha pequena definición do que son e do que expresan e logo os exemplos, vale?

Moitos bicos e moito ánimo!
Qué ben o estades facendo 🥰

martes, 19 de mayo de 2020

Cuerpos geométricos

Booooos días!

Como estamos???

Hoxe imos a facer unha actividade complementaria a das figuras planas., pero esta vez imos a repasar os corpos xeométricos. Estas figuras xa deixan de ser planas e gañan volume e altura, imos a repasalas con este vídeo:


Unha vez visto imos a facer o mismo que a semana pasada, debuxamos todas as figuras que aparecen e buscamos a súa presenza na vida cotidiá. Buscade exemplos diferentes aos do vídeo, que estamos rodeados delas.

Moito ánimo!!!!

RECORDATORIOS:

-Por favor esas persoas que ainda non me enviaron o vídeo dos maios hoxe sen falta, o plazo rematou o domingo e temos que ser serios, os vosos compañeirxs que o enviaron a tempo están esperando polo resultado final.

-Unha vez a semana podedes pasarvos pola web do colexio, xa que moitas veces cólganse actividades que están moi chulas, e que podedes facer dende casa, así que invítovos a que investiguedes un pouquiño por ahí.

Bicooooos 😘😘😘😘😘😘😘

lunes, 18 de mayo de 2020

Carvalho Calero

Boos díaaaas! e feliz comezo de semana a todxs!!

Vistes a entrada que subín onte das letras galegas??? Tedes un scape room moi chulo para facer. Déixovos outro que me pasou a vosa compañeira Zaira, para os que vos gusten facelos.

https://nam11.safelinks.protection.outlook.com/?url=https%3A%2F%2Fpatrifulca.wixsite.com%2Fxogoletras20&data=02%7C01%7C%7Cfa767de904d345ed304608d7f9e937dc%7C84df9e7fe9f640afb435aaaaaaaaaaaa%7C1%7C0%7C637252652363881602&sdata=2TfbNQ6nfsl7U0KQxNOGnfcZdOZgmONVxsnT%2Bzd06b8%3D&reserved=


Hoxe quero que coñezades algunha obra. Aquí tedes unha lectura de As pitas baixo a choiva, un popular conto.



Para facernos xa uns e unhas auténticxs expertos en Carvalho, déixovos outro xogo interactivo que tamén me pareceu moi interesante:

http://primaveradasletras.gal/sons-da-lusofonia/

Imos agora a coñecer unha letra que compuxo a partires dun poema.



A ver que vos parece como compositor.

Deixovos unha actividade para que fagades pouco a pouco sobre o poema que se canta no vídeo, que nos ven xenial para traballar un pouquiño os poemas.

Nela aparece unha pregunta sobre os verbos, que aínda que non os vimos, recordamos que os verbos da 1 conjugación son os rematados en ar (xogar), os da segunda en er(comer)e os da terceira en ir (subir). Simplemente tedes que buscar no poema verbos con esas terminacións.

https://drive.google.com/file/d/1FOvQJmi6g_sMsxgPEm8uPDumdki_5Q13/view?usp=drivesdk

Canto que facer tedes. Ide pouco a pouco o longo da semana aprendendo sobre o noso autor homenaxeado este año.

Moito animoooooooo 😘😘😘😘





domingo, 17 de mayo de 2020

Letras galegas

Moi bos e soleados días!!!!!





Este ano dedicadas a Ricardo Carballo Calero.
Sintámonos orgullosos da nosa terriña galega, da nosa cultura, costumes e tradicións; pero, nun día coma hoxe, sintámonos orgullosos do noso idioma e de toda esa xente que loitou tanto por el.

Feliz día das letras, galegxs 🎉

Déixovos un scape room de Ricardo Carvalho, mañá xa faremos algunha cousiña máis.

https://view.genial.ly/5eb042186f16bf0d194d52c8/presentation-letras20
Disfrutade do día 😘

sábado, 16 de mayo de 2020

Vídeos maios

Boooos diaaaas!

Recordade que este fin de semana tedes que enviarme os vídeos das coplas dos maios. Non vos olvidedes!!!!

Disfrutade do fin de semana que dan bo tempo

😘😘😘😘😘😘😘😘😘

viernes, 15 de mayo de 2020

Día da familia

Buenos días!

Estamos a viernes, final doutra semaniña máis.

Hoxe 15 de maio celébrase o día da familia e esta situción que estamos vivindo sírvenos para valorar máis ca nunca o importante que é para nós. Entón, creo que é importante conmemorala.

Qué imos a facer?

1. Primerio de todo imos a buscar o significado da palabra heráldica e copiamos en qué consiste.

2. Cando temos claro o que é, imos a seleccionar un dos nosos apelidos e imos a buscar información sobre él. Se vemos que non atopamos nada podemos probar co outro ou incluso se vos animades e vos gusta indagar sobre os vosos apelidos podedes facelo cos dous.

Algunha páxinas para que busquedes información sobre eles:
https://www.misapellidos.com/

http://www.bne.es/es/Micrositios/Guias/Genealogia/busqueda_apellidos/

https://heraldicadeapellidos.com/

Pero seguro que atopades moitas máis.

Deixovos un exemplo do que ides a atopar:


3. Quero que debuxedes dabaixo o escudo da vosa familia, en moitas páxinas xa vos vai aparecer xunto coa información, noutros casos igual tedes que investigar un pouquiño máis. Se non o atopades invéntadelo.

4. Por último, ides a debuxar a vosa árbore xenealóxica. Deixovos un exemplo. Recoméndovos que empecedes polos avós, para que non se faga moi longa.


Déixovos traballiño entón para o fin de semana. Disfrutade neste día da vosa familia e investigade un pouquiño nos vosos apelidos, que eu creo que é algo moi bonito.

Moitos  bicos!!!!!!!!!!



jueves, 14 de mayo de 2020



ARTS & CRAFTS

today is Thursday and this is our Arts & crafts day. For this term I had planned working with Van Gogh The famous painter of " Los girasoles"

Another one of his famous works is called "starry night ". Here you have two videos about Van Gogh´s  art and a song of my admired singer " Don Maclean".

Hope you enjoy them. It´s your only homework ENJOY!!!


https://youtu.be/BbgrHnbgoDU ( atelier des Lumieres Paris// starry night and “living paintings”)


https://youtu.be/Ei0ThYOY0_4 starry night ( subtitles Spanish)

Ese cantante que tanto me gusta ( Don Maclean) adsicou unha canción a Vincent Van Gogh.  E en varias partes do mundo teñen feito exposicións " vivas" coas suas obras.
deixovos 2 vídeos para que disfrutedes deste xenio da pintura e da vida. Eses son os deberes  DISFRUTAR !!! vendo e escoitando.

Aqueles con curiosidade e gana de saber podedes investigar un pouco sobre a vida deste artista tan especial.




Bikiños  XXXX   KISSES

Ríos de España

Bos días!!!!

Xa estamos rematando case unha semana máis, qué rápido pasa todo Iago.

Hoxe propóñovos repasar os ríos de España.  No caderno de sociais gustaríame que fixerades unha clasificación dos ríos Segundo a vertente:

Vertente atlántica (desembocan no océano Atlántico)

Vertente mediterránea (os que o fan no mar mediterráneo)

Vertente cantábrica (no mar cantábrico)

Ríos de Galicia (todos os rios da nosa comunidade)

Podédelo facer en forma de tabla ou como puxen eu aí seguidos da súa vertente. Tamén podedes debuxalos nos mapas que fixemos sempre que teña des espacio.

Acordádevos de mandarme os vídeos das coplas 😉

Moitos bicos 😘😘😘😘

miércoles, 13 de mayo de 2020




TIME TO MOVE!!!!

Hi again.   Are you ready for another  PE activity in English??? In this case Antón prepared an interesting game with PE and...  Maths!!!


INSTRUCTIONS

fitness in English with Anton

Ahí tedes as instruccións escritas e o vídeo de demostración de Antón. Trátase , básicamente, de alternar exercicio físico e mental, neste caso Mates.
Se tedes algunha dúbida, preguntai. Ok??

Lembrade que en Inglés os puntos son comas e viceversa.

I hope you enjoy it a lot.

kisses and hugs.

Crítica dunha noticia

Bos díias!!!!

Qué tal está indo a semana? espero que moi ben.

Onte a tarde subinvos unha entrada sobre as coplas dos maios. Ide a vela e se tedes algunha duda non dudedes en mandarme un correo.

Hoxe imos a facer unha crítica dunha noticia actual, relacionada con estes días de confinamento.

¿Cómo a imos a facer?

Podémola facer na libreta de sociais, xa que está relacionada con esa temática.

Imos a seguir 3 pasos:

Primeiro, leemos a noticia atentamente, as veces que sexan necesarias.

Segundo, facemos no caderno un pequeno resumen dela, 4-5 liñas (Esta noticia trata de...).

Terceiro, damos a nosa opinión, a favor ou en contra. (Na miña opinión non me parece ben o que se está a dicir... ou pareceme unha noticia moi boa porque....).

Deixovos aquí a noticia   El planeta, el principal beneficiado por el coronavirus.

Espero que me mandedes as vosas críticas.

Un saúdoooooo

martes, 12 de mayo de 2020


Helllooooo!!! Here  you are: An activity with definitions/ descriptions unit 3:

Try to guess which image fits with each description. They are not in order!!


definitions/ descriptionshttps://drive.google.com/open?id=1Sk2f7-cHqPzONbPC69H7VQNt-t8fRfnr



BE GOOD STUDENTS AND KEEP YOUR ENERGY TO CONTINUE WORKING HARD!!

Seguid trabajando duro!!! Ya queda poquito!!!

I love you and miss you a lot.

Coplas maios

Boas tardes!!

Mirade rapaces vouvos deixar aquí a copla dos maios completa con todos os que participastes. POR FAVOR SE ALGÚEN ME MANDOU A SÚA ESTROFA POR CORREO E NON APARECE AQUÍ QUE MA VOLVA MANDAR.

OS QUE NON PARTICIPASTES DÉIXOVOS DE PRAZO ATA O XOVES A MAÑÁ, espero que lendo as estrofas dos vosos compañeirxs vos chegue a inspiración.

Moitos veredes as vosas estrofas modificadas, simplemente foron detalliños para que vos soe mellor.

Que temos que facer ahora?

Pois ben, ahora ídesvos grabar cada un de vós cantando a vosa estrofa. 

Como o imos a facer?

1. Móbil en horizontal (para que cando xunte todos os vídeos estén na mesma posición).
2. Alumno/a fronte a cámara a poder ser de xeonllos cara arriba ou primeiro plano, para que non se nos vexa moi lonxe.
3. Procurar que se escoite o mellor posible, sen ruídos de fondo e cunha entonación clara (Xa sei que non somos cantantes profesionais, pero si que sabemos entonar).
4. Envíademo ao meu correo sorayamiranda@edu.xunta.gal   Prazo ata o domingo 17 ás 21:00.


O luns procurarei telo listo e xa volo farei chegar a cada un/unha de vós.

Deixovos aquí o vídeo dos maios da teacher para os que non o fixestes aínda e vaiades máis rápido. Recoméndovos tamén antes de grabar os vídeos que o esoitedes para seguir mellor o ritmo.


Vainos quedar un recordo precioso dos maios deste ano, que aínda que estivemos separados, como decides nas vosas estrofas atopamos a forma de celebralo todxs xuntos.

Calquera dúbida  escribídeme ao correo.

Aquí deixo a copla

Aquí vén o maio, Maio confinado
Porque hai un virus,
 porque hai un virus
que nos ten pechados.

Que nos ten pechados, pero venceremos
Porque somos fortes,
Porque somos fortes
Porque nos queremos

(Carlos)
Porque nos queremos xuntos seguiremos,
Porque somos amigxs,
Porque somos amigxs,
E xuntos loitaremos.

(Martín)
Porque nos queremos e queremos vernos,
Facemos as cousas,
 como ben podemos
e xuntos, moi xuntiños estaremos.

(Iker)
Porque nos queremos todos xuntos loitaremos,
Contra o Covid-19,
Contra o covid-19,
E así o venceremos.

(Ezequiel)
Tanto nos queremos que loitaremos, 
e por suposto, 
e por suposto, 
nunca nos renderemos.

(Lucía R.)
Estes, estes maios estaremos confinados,
Lávamos as mans,
Lávamos as mans,
Se queremos abrazarnos.

(Diego C.)
Xa chegaron os maios pero non os podo ver,
Porque quedo na casa,
Porque quedo na casa,
Con meus pais e irmán Daniel.

(Alberto)
Aquí vén o maio, maio encerrado
Pero sairemos,
Pero sairemos
Desta ameaza.

(Yago)
No patio da miña casa, soa unha canción que arrasa
E todos berramos,
E todos cantamos,
A ver se esto pasa.

(Camila)
En cada esquina, temos un amigo,
En cada rostro alegría, 
En cada rostro alegría, 
de vernos algún día.

(Dana)
Xa chegou o maio, enfermo e contaxioso,
Xa chegou o maio,
xa chegou o maio,
E segue sendo fermoso.

(Eva)
Aquí vén o maio, un maio diferente
Non imos ao cole,
Non imos ao cole,
Non vemos á xente.

(Brais)
Ao coronavirus todos resistiremos,
 Moi fortes seremos,
Non nos preocupemos,
Que os maios celebraremos.

(Lucía F.)
Xa veñen os maios do virus coronado,
Non é cousa de broma,
Non é cousa de risa,
Porque nos teñen confinados.

(Xián)
Agora xa saímos dar uns paseíños,
Estamos contentos,
Estamos contentos,
Porque nos movemos.

(Raúl)
Aquí vén o Maio Do setenta e cinco
Disposto a criticar 
Disposto a criticar
a máis de vinte e cinco

(Martina)
Coidado Covid-19 que en Ourense hai heroes,
Persoas que nos coidan,
Persoas que nos miman,
Nos protexen e axudan.

(Sergio)
Os nosos maiores son os máis sensibles,
este bicho é malo!
Este bicho é cruel!
 non podrá con "iles"

(Zaira)
Con moita certeza paseos daremos
Con moitos amigos,
Con moitos amigos
que boto de menos.

(Tami)
Eu xa estou farto de quedar na casa,
Necesito parque,
Necesito parque,
Xa me falta o aire.

(Diego A.)
E sairemos todos xuntos,
Con moita máis forza,
Con moitas máis ganas,
Cando por fin venzamos.

(Roi)
E como nos queremos así loitaremos,
Por fin gañaremos,
Por fin gañaremos,
Xuntos venceremos. 

Figuras planas


Buenos diiias!!!!!

Hoy un poco lluviosos, pero que no decaigan esos ánimos!

Vamos hacer un poco de matemáticas hoy... y vamos a trabajar las figuras geométricas planas. No nos dio tiempo a verlas, pero solo quiero que trabajemos sus definiciones y que las sepáis identificar.

Primero de todo quiere que veías este vídeo:



Unha vez visto quero que na libreta de matemáticas, baixo o título de figuras xeométricas planas me vaides debuxando cada unha das que se nomea no vídeo, indicando o número de lados, como son eses lados(iguais, dous iguais e dous diferentes...) e cantos ángulos terán. Tamén quero que poñades un exemplo desas figuras na vida cotidiá, como nos di o vídeo, a poder ser que sexan diferentes, xa que estamos rodeados de figuras xeometricas por todos lados.

Moito ánimo!!!!! E non vos olvides dos exemplos que é moi importante 

😘😘😘😘😘😘😘😘😘

lunes, 11 de mayo de 2020

Ficha Lengua

Bos días e bo comezo de semana!

Como o imos levando?

Este fin de semana recibín moitas coplas polo que estou moi contenta con vós. Cando a teña enteira xa vos explico en que vaia consistir esa segunda parte da actividade.

Para hoxe vouvos deixar unha ficha de lengua. Facédea con calma, boa letra e tendo coidado coas faltas.

Ficha lengua

Moito ánimo e moitos bicos!!!!!!!


viernes, 8 de mayo de 2020

Lectura fin de semana

Boos días!!!

Bueno outra semaniña máis que se acaba e un fin de semana que nos vén por diante.

Déixovos unha lectura para este fin de semana que xa fai tempo que non traballamos ningunha.

Que quero ser de maior

Disfrutade do fin de semana e mandádeme as copliñas.

Moitos bicos e abrazos 🤗

jueves, 7 de mayo de 2020

Relevo galego

Bos días!!!!

Xa estamos rematando a semaniña e estádesme enviando poucas copliñas para o día dos maios. Esta semana quería telas todas, para unilas e intentar facerla con sentido, polo que si mas enviades pronto temos a oportunidade de melloralas. Animádevos.

Hoxe imos facer un mapiña de Galicia no caderno de sociais para repasar o seu relevo. Intentádeo facer nun tamaño grande, por exemplo que ocupe unha carilla. Ides a colocar nel as Serras, chairas, depresión e vales.

De título ides a por Macizo Galaico, que é o conxunto de todas esas formas de relevo.

Podédesvos axudar do libro de sociais ou podedes invertigar un pouquiño en internet. Mandádeme fotiños.

Déixovos un mapiña para que vos sirva de guía.


Podedes facelo con cores (terreos elevados de marrón claro, chairas de marrón clariño...)

Moitos bicos, que o estades facendo fenomenal e non vos esquezades das coplas.!!!!!

miércoles, 6 de mayo de 2020

Ortografía

Bos días!!!!

Hoxe deixovos un xogo para que practiquedes a ortografía. Xogade en familia que ten pinta de ser moi divertido.



É coma unha oca tradicional, tiramos os dados e avanzamos nas casillas. Cada unha é unha proba para realizar na segunda imaxen.
Se caimos nunha oca dicimos “de oca en oca e tiro porque me toca” avanzamos a seguinte casilla cunha oca.
Se caimos nunha ponte dicimos “de ponte a ponte e tiro porque me leva a corrente” avanzamos a seguinte ponte.
Se caimos no pozo volvemos ao principio.

Sorte. 🍀

martes, 5 de mayo de 2020

Ficha Mates

Bos díiias!

Vexo que vos gustou o vídeo dos sanitarios! Qué beeen! A min encantoume velo. Non obstante, soamente recibín dous correos con novas estrofas para seguir a copla da teacher e iso non pode ser, quérovos a todos pensando e dándolle á imaxinación.

Tamén me faltan recomendacións libros de moitos de vós, animádevos porque iso vai a ser algo para vós.

A porse as pilas todo o mundo!

Hoxe deixovos unha fichiña de mates para recordar un aspecto que nomeamos en clase pero que non nos deu tempo a dar: o sistema de lonxitude.


Recordamos que para abaixo ou cara a dereita multiplicamos e cara arriba ou esquerda dividimos e así pasamos duns a outros.

Na ficha aparecen uns exercicios moi sinxeliños simplemente para que recordemos e non caia no olvido total.
Logo tedes unhas multiplicacións con decimáis.

Ficha mates
(Son dúas páxinas, aínda que vexades máis en branco foi que me esquecín de eliminalas ao pasalas a pdf, non é que falte nada)

Tedes toda a semana para facela, prefiro que me mandedes antes o do libro ou as coplas.

Moito ánimoooooooo!!


lunes, 4 de mayo de 2020

I have just seen the video from the nurses and doctors. So emotivo al !!! You are great!!!

Qué grandes rapaces !!! Sodes un equipo estupendo capitaneado por unha profe xenial!!
Orgullosisima de tervos como alumnos e a Soraya como compañeira .
Quérovos un montón e prestoume moito a conversa desta mañá.
Lembrade as tarefiñas da semana e Traballade os comparativos.
Lembrade que en Travelers e Navio hai.
A ver se os de B se incorporan tamén aos meeting
Quérovos!!!

Solucionario fichas semana pasada

Olaaaa outra vez, deixovos as solucións das fichas da semana pasada.

Calquera dúbida xa sabedes: sorayamiranda@edu.xunta.gal

Ficha matemáticas de números decimáis




Ficha sociais:clima









Cartas recibidas

Aquí vos deixo un vídeo do recibimento das vosas cartiñas. Chegaran todas e non vos imaxinades a alegria que provocaron 💃🏽💃🏽💃🏽💃🏽💃🏽💃🏽

Este vídeo gravárono un grupo de enfermeiras e enfermeiros para agradecer todos eses ánimos.

Espero que vos guste tanto como a min 💛








Qué orgullosa estou de vós e das vosas cartas tan emotivas. Sodes xeniais. Fixestes sentir ben a moita xente e iso ten facervos sentir xenial a vós tamén 😊

Gracias infinitas de parte deles 💛💛💛💛💛💛

Coplas maios

Bos días e feliz semana!!!
Arriba eses ánimos que estás mañás tan alegres de bo tempo teñen que cargarnos as pilas 😊

Bueno, vistes todos o vídeo tan divertido que subiu onte a teacher, non? Cantando esa copla tan orixinal 😂

Pois para celebrar os maios, ahora que xa me investigastes sobre eles vouvos propor que continuedes a súa copla, é dicir, tedes que inventar algunha estrofa que continúe as de Manoli seguindo o ritmo que ela nos propuxo.
Cando as teñades mandádesmas ao correo. Podedes mandar as estrofas que queirades, se estades inspiradxs non vou ser eu quen vos limite, e logo con todo o que me mandandedes xuntarémolo facendo unha soa copla, seguro que sae xenial 😉

Así que a inspirarse, que esta mañá de maio e de primavera nos sirva para elo.

Logo vouvos subir unha sorpresiña 🥰🥰🥰🥰


domingo, 3 de mayo de 2020

Hi xentiña!!! How are you going on??
Sabedes  q mañá , ademáis do día das mamás e mulleres importantes nas nosas vidas , é o día dos Maios.
Así que... Un regaliño q non é de Inglés pero vai repleto de cariño , ledicia   e bos  desexos.

https://drive.google.com/file/d/1GVpquYQzvmfZoq501sJwH9Auhx3k2Ehg/view?usp=drivesdk

jueves, 30 de abril de 2020

Para el finde

Olaaa de novo!

 Bueno como a veces non sei en qué día vivo, olvidárame que mañá é festivo, polo que vémonos para a semana.

Facede as fichas desta semana de matemáticas e sociais.

Enviádeme as vosas recomendacións de libros para que vos faga o documento con elas.

Quero ver tamén a ver que lle facedes as vosas nais, irmáns... así que enviádeme fotos ao correo.

Aproveitade o bo tempo para dar paseiños, que creo que o finde vai facer bo.

Sobre todo disfrutade a ponte que temos.

Moitos bicoooooos!


Lectura prohibida para mamás

Bos días!!! Feliz xoves a todxs!!!

Mamás de quinto, por favor, detede a vosa lectura aquí! É polo voso ben 🛑🛑🛑🛑🛑🛑🛑🛑🛑🛑

Bueno vamos a confiar en que así sexa.

Mirade supoño que a maioria xa sabedes a que ben esto non?   Exacto aproximase o día da nai... polo que imos facer unha serie de cousiñas 🤗🤗🤗

Imos facer o mismo ca no dia do pai, é dicir, aínda que se chame “Día da nai” nos podémoslle dar o significado que tiña sentido para nós, entón ese regalo pode ser para unha irmán, avoa, tía... con quen vós identifiquedes ese día e se tedes que facer dous agasallos, fanse.

Bueno, entón o que imos a facer primeiro vai a ser demostrar que coñecemos a nosa nai e para iso imos a plasmar nun banderín destos típicos das festas que se colgan.  Déixovolo aquí
Podedes imprimilo e cubrilo ou debuxalo nun folio ou cartulina. Unha vez rematado podémolo colgar.

A segunda parte da nosa sorpresa ven acompañada dun detalliño en forma de agasallo.


Sede listos e listas e substituíde todo aquelo que non teñades por outras cousas, por exemplo no caso de non ter goma eva usade foliosde colores, envoltorio de regalo, pintura de dedos... e ollo! se usades a pistola de silicona, que vos axude un adulto, pero con cola seguro que vos apañades tamén.

Outra idea para decorar unha camiseta blanca, unha gorra, unha bolsa de tela como no exemplo...



Por último, unha moi faciliña. Trátase dunha insignea por ser a mellor do mundo. Mirade que chula.


Espero que vos gusten e que me mandedes fotiños do que ides a facer. Este vai ser o voso traballiño de fin de semana. Recordade que o domingo 3de maio, é o seu día e tedes que ter todo listo!
Mans á obra para o domingo sorprendela con ese banderín, ese agasallo e por exemplo, un rico almorzo na camiña!

Moitos bicos e abrazos!!!



miércoles, 29 de abril de 2020

Hello everyone. How are you? I hope you are doing a lot of exercise with Anton´s game and enjoying it.

I have a couple of questions:

1_ Last week I sent you some "tasks " to do in Travelers and I haven´t got any news about them...
Have you done anything?

I also sent ( o eso creo) this song to learn in youtube on Sunday . It´s very nice and we are going to sing it very very loudly when we meet again.

y ahora acabo de mandar un formulario de comparativos . A ver si lo hacéis.

Porfi, decidme algo sobre lo que os envío si no me siento frustrada porque no tengo respuestas.
Tenemos los comentarios del blog, el chat de Travelers o mi correo manoli.ceipocouto@gmail.com

lots of love.



DEFINITIONS

Recordamos aspectos do clima

Boooooas!!

Que tal imos?  Eu moi contenta sabendo que prontiño poderei dar paseos coma vós, so nos falta que nos acompañe o tempo... e falando de tempo hoxe imos facer un repasiño del e do clima.

Déixovos unha ficha de sociais para que repasedes conceptos que demos na clase, para que reflexionedes un pouquiño sobre algúns aspectos... Axudádevos do libro se o precisades e realizádea na libreta de sociais. Se alguén imprime as fichas que as vaia pegando na libreta, para telas ordeadas e que non anden bailando pola casa sen sentido, que nos conocemos.






Tedes toda a semana para facela, vale?  Calquera dúbida, pregunta, aclaración... xa sabedes, ao correo.

Moistos ánimos para todxs!!!  Xa estamos vendo a luz ao final do túnel!


martes, 28 de abril de 2020

Un pouquiño de información sobre os maios

Bos días chicxs!!!

Con agujetas de tanto pasear? Pena que non esté facendo solciño, senón máis de un xa iba collendo un colorciño... jiji

Bueno, como sabedes estamos a punto de empezar o mes de maio e que celebra en maio... entre outras cousas os maios, si.

Bueno pois antes de empezar a celebrar imos a facer un traballiño de investigación sobre esta festividade, tedes que buscar información sobre os maios e intentar de responder a estas preguntiñas que vos vou por aquí e que quero que copiedes no caderno de galego onde as ides contestar:

1. Por qué se celebra a festa dos Maios?

2. Cal é a súa orixe?

3. Con qué se realizan as figuras que facemos? Que figuras soen ser?

4. Qué cantamos nos Maios?

Cando as teñades podédesme mandar fotiños ao correo para ver as respostas.

Seguiremos traballando esta festiña...

Un saúdo!!




lunes, 27 de abril de 2020


Hi darlings: xa vistedes a sorpresiña? tivo que envialo Soraya porq aquí no povo non teño internet suficiente para subir vídeos.
Espero que vos guste e que o disfrutedes moito coas familias.
Se vos gustan este tipo de xogos o Antón fainos máis.
De paso coñecedes ao " my "famous " football player and PE teacher " who lives in London.

Ala !! A facer exercicio de paso que practicades Reading e Listening.

A que parece British o Antonciño??? LOL

kisses and hugs ( VIRTUAL!!!)

Cartas sanitarios



Bueno, aquí están listas para ser enviadas.

Xa vos irei contando... que saibades que son todas preciosas e moi emotivas, cheas de moita razón e moito agradecemento. Sodes xeniais!


Solucións fichas galego e lengua

Deixovos aqui as solucións das fichas da semana pasada:

Ficha lengua








Ficha galego: 






¡Surprise!


Hi hi hi.... How are you? Have you been outside? I Hope you had and enjoyed It a lot.
For this week we have a surprise. I Hope you like It.
It's an activity to practise your reading , your listening and to help you keeping fit.

Have  a look and on Monday we can comment. Ok???
LOVE and MISS you but ... Xa falta menos!!!
😘😘😘😘😘






Números decimales

Olaaaaaa, bos días!!

Como foron esos paseíños?? Fostes responsables???  Estou segura de que si.

Bueno para esta semana deixovos un repasiño de números decimais, tranquilos que hoxe non hai divisións.

Ficha números decimais

O longo da mañá vouvous a subir as solucións das fichas das semanas anteriores, de todas formas sabedes que mas podedes mandar ao correo se queredes que vos corrixa algo ou vos explique algunha cousiña que non saibades ou non recordedes.

Un saludo!

Ánimo coa semana, que agora cos paseíños seguro que se leva moito mellor.


domingo, 26 de abril de 2020

A nice song for Sunday, with all my love.

https://youtu.be/iSjPV78lD0w

Tell me , plese if you can listen to it.

😘😘😘😘