Mamás de quinto, por favor, detede a vosa lectura aquí! É polo voso ben 🛑🛑🛑🛑🛑🛑🛑🛑🛑🛑
Bueno vamos a confiar en que así sexa.
Mirade supoño que a maioria xa sabedes a que ben esto non? Exacto aproximase o día da nai... polo que imos facer unha serie de cousiñas 🤗🤗🤗
Imos facer o mismo ca no dia do pai, é dicir, aínda que se chame “Día da nai” nos podémoslle dar o significado que tiña sentido para nós, entón ese regalo pode ser para unha irmán, avoa, tía... con quen vós identifiquedes ese día e se tedes que facer dous agasallos, fanse.
Bueno, entón o que imos a facer primeiro vai a ser demostrar que coñecemos a nosa nai e para iso imos a plasmar nun banderín destos típicos das festas que se colgan. Déixovolo aquí
Podedes imprimilo e cubrilo ou debuxalo nun folio ou cartulina. Unha vez rematado podémolo colgar.
A segunda parte da nosa sorpresa ven acompañada dun detalliño en forma de agasallo.
Sede listos e listas e substituíde todo aquelo que non teñades por outras cousas, por exemplo no caso de non ter goma eva usade foliosde colores, envoltorio de regalo, pintura de dedos... e ollo! se usades a pistola de silicona, que vos axude un adulto, pero con cola seguro que vos apañades tamén.
Outra idea para decorar unha camiseta blanca, unha gorra, unha bolsa de tela como no exemplo...
Por último, unha moi faciliña. Trátase dunha insignea por ser a mellor do mundo. Mirade que chula.
Espero que vos gusten e que me mandedes fotiños do que ides a facer. Este vai ser o voso traballiño de fin de semana. Recordade que o domingo 3de maio, é o seu día e tedes que ter todo listo!
Mans á obra para o domingo sorprendela con ese banderín, ese agasallo e por exemplo, un rico almorzo na camiña!
Moitos bicos e abrazos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario