miércoles, 15 de abril de 2020

Día mundial da Arte

Bos días clase!

Sen darnos conta xa é metade de semana...

Bueno como vedes no título, hoxe celébrase o día mundial da arte.

O primeiro que quero que fagades é que investiguedes o porqué de esta celebración, é dicir, o motivo polo que se celebra e a qué se debe.

Podédelo facer na libreta de sociais, podes de título “día mundial da arte” e debaixo escribides as razóns ou razón desta celebración.

Ben, unha vez que tedes iso e de que vos saia, fruto desa investigación, o nome dun pintor máis que coñecido, quero que recreedes no caderno un cadro del, o que máis vos guste, é dicir, no caderno ides a debuxar un cadro escollido por vós, podes o nome do cadro e recreades o debuxo, esmerándovos o máximo podible, que nos conocemos.

Vouvos deixar algúns exemplos:




Xa vos estou dando moitas pistas do pintor 👨🏻‍🎨

Bueno, hai unha terceira parte jajaja, quero que deibaixo do cadro que vos pintastes no caderno, escribades que pensades que o autor quere transmitir, dicir... co cadro. Podedes investigar tamén un pouquiño se o precisades.

Recordade que me podedes mandar o meu correo calquera cousa que fagades para que eu a vexa ou a corrixa, facedeslle unha foto e mandádesma.

Moitisimo ánimo!!!

Un día máis é un día menos!

Quérovos 🥰🥰


1 comentario:

  1. Hola soi la mamá de izan, no tengo el correo si pudieras facilitármelo te enviaría todo lo que hizo y está haciendo izan de trabajos del cole. Gracias y muchos besos a todos de parte de izan.

    ResponderEliminar