Soamente vos quero dicir que hoxe, 2 de abril, celébrase o día internacional do libro infantil e xuvenil, polo que creo que é un bo día para que lle dediquedes un tempo a lectura (sei de sobra que a maioría o fai todos os días) ou a empezar un libro novo.
Se non tedes ningún en casa que vos invite a lelo, ide a publicacións anteriores do blog onde vos subín páxinas onde podedes atopar libros gratuitos.
Deixovos aquí un enlace a páxina de Down Galicia que me pasaron, porque estívenlle botando un ollo e ten cousas súper interesantes. Lanzou un apartado na súa web que se chama Recursos Down, aberto para todos os públicos de todas as idades. Ten multitude de recursos, polo que vos animo a que lle botedes unha ollada.
Póñovolo aquí porque ten un apartado de contos que podedes usar para conmemorar este día.
Animádevos que merece a pena!
Bicooooooooooooss!!!
hola soraya soy el primero en comentar jejejejjejejej
ResponderEliminarque tal estas?
ResponderEliminarte puedo mandar un video diciendo que estoy bien? y si pudiera como te lo mandaria?
ResponderEliminar