miércoles, 22 de abril de 2020

Día Internacional da Terra 2020

Bos díiiiiiiiias a todxs!

Metade de semana xa... isto pasa voando...

Como vos indico no título hoxe é o día internacional da Terra, 22 de abril, e para conmemoralo imos facer unha serie de actividades:

- Primeiro. Quero que me expliquedes na libretiña de sociais, despois de por de título o que teño eu aí, qué credes que facedes vós, no voso día a día, polo noso planeta. Pensade se reciclades, se reutilizades cousiñas na casa, se non malgastades auga, luz...

- Segundo. Visitade estos enlaces onde veredes uns vídeos moi interesantes sobre estos aspectos.




- Terceiro. Despois de ver os vídeos, quero que me debuxedes no caderno os 4 contenedores que se ven no primeiro deles, coloreándoos. Unha vez debuxados, buscades folletos de supermercados, revistas, periódicos... e recortade todo tipo de obcxectos, materiais, comida... que iredes pegando enriba dos contenedores que debuxastes, segundo corresponda. Se alguén ten dificultade para conseguir recortes, podedes debuxalos directamente enriba dos contenedores. Esta actividade podedela facer tamén nunha cartulina ou nun folio, déixovolo a vosa elección.

- Cuarto e última. Por último, imos a por en práctica unha das "3R" que nos mencionan no último vídeo, REUTILIZAR. Buscade por casa calquera cousa (Cartón de leite, botellas de plástico, caixas de cereais...) que nos poidan servir para crear novos obxectos. Deixade voar a imaxinación.
Algúns exemplos:





Divertídevos moito facéndoas!!! Hoxe máis que nunca, temos que facer algo polo noso planeta!

Recordade as cartas de agradecemento ao meu correo sorayamiranda@edu.xunta.gal en forma de foto que lle saquedes, ordenador... como vos sexa máis fácil a vós. O Venres será o último día, vale?

Moitísiiiiimooooos bicos e apertas!


2 comentarios:

  1. soy Alberto. Gracias por ponernos manualidades tan chulas. Eres la mejor!!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Me alegro que os gusten! Podéis mandarme fotitos de lo que hacéis al correo para que las vea.
      Un beso para los dos!!

      Eliminar