viernes, 17 de abril de 2020

Repasiño fin de semana

Boas compis!!!

Bueno, rematamos esta semaniña que non se fixo moi longa, verdade que non??

A ver querovos dicir varias cousiñas:

Xa estou recibindo moitas cartiñas no meu correo vosas, encántame todas, son moi emotivas e creativas, moitas delas con debuxos, outras con vivencias persoais... espectaculares!
Quero animarvos a todos a que fagades esta actividade, porsupostísimo que os compañeiros de 5ºB tamén, xa sabedes que o que poño aquí e para todos. Vou deixar o meu correo aquí por se alguén aínda non o ten: sorayamiranda@edu.xunta.gal
Sírveme con que me enviedes unha foto da carta no correo, non fai falta que a fagades a ordenador. Se alguén non sabe do que estou a falar, visitade a publicación anterior a esta.
A mediados da semana que vén vounas enviar, aproveitade o finde para facelas e pensade na ilusión que van facer cando cheguen, porque a todos nos gusta que nos digan cousas bonitas, verdade??

Bueno dito isto, vouvos mandar un repasiño de divisións, xa que espero que a semana santa non fixera estragos. Tedes por un lado divisións normais de dous números naturais e por outro divisións dun número decimal e outro natural.
Na libreta de matemáticas, vale?



Moito ánimo como sempre! e animádemos coas cartas, moitos bicos e que pasedes un bo fin de semana!
Facede depoooooorte, recordade que tedes vídeos en un publicacións anteriores que vos farán sudar moito. Aptos para toda a family.




3 comentarios:

  1. Hola soraya soy lucia Rodriguez diaz de 5B, tus clases me están gustando mucho y me ayuda a mejorar en todo, muco animo!!!

    ResponderEliminar