lunes, 20 de abril de 2020

Descripción dun día da semana santa

Booooooos días, bo comezo de semana!!!

Como estamos????? Como van os ánimos??  Espero que esteades divinamente ben e con ganas de facer cousiñas 🤗

 A ver, gustouvos o vídeo que fixemos os profes para vós?  A verdade é que estamos bastante simpáticos jijij

Vouvos deixar a tarefa de hoxe, quero que na libreta de galego, é dicir, en galego, me describades ese día das vacacións que mellor o pasastes ou que máis vos gustou. Como se trata dunha descripción xa sabedes o que tedes que por: moitos adxectivos!! Pero non é o único, tamén tedes que argumentar o porqué, explicar que fixestes para que fora tan especial, con quen...

Vale?

Bueno vou deixar aquí o correo de J.Luis para cos compis de 5B como me pediu el, que está moi pendiente de todxs vós: cebola@edu.xunta.es   Podédeslle enviar calquera cousiña que queirades ensinarlle 😊

Unha última cousiña, xa recibín moitas cartiñas de agradecemento a sanitarios, animádevos os que aínda non ma mandastes que a finais de semana mandareinas. Recordade que as cartas ao meu correo vale? sorayamiranda@edu.xunta.gal    Non fai falta que sexa a ordenador, podédela facer a man e sacadeslle unha foto, xa veredes o que lles vai gustar recibilas 🥰

Un bico enorme, e moito ánimo coa semana

🌈🌈🌈🌈🌈🌈🌈🌈🌈🌈




2 comentarios:

  1. Hola una más o una menos da igual 🤪🤫

    ResponderEliminar
  2. Bos Dias Fenómen@s!!!!!!!!!!!!!!! Atent@s xa queda MOITO menos para que poidades dar unha pequena "voltiña" pola rúa do vóso barrio.Un refrán : NUNCA CHOVE QUE NON ESCAMPE!. Imos darlle as GRAZAS a Soraya por compartir esas actividades con bailes..., pelis... e algo de INSTRUCCIÓNS para aprender do resto do curso un pouquiño de Mates, Lengua, Galego,Sociais ...etc. Moitos BICOS E APERTAS .

    ResponderEliminar