martes, 31 de marzo de 2020

Hi everyone!!! Here it's me: THE TEACHER!!!

Nice Soraya Gave me permission to use Her blog. So we can Keep in touch easier.

How are you?? You know what??

IT'S SNOWING!!!

IF I can I ' ll send you a photo or video.

Well. That is a "prueba". I'm learning how to become a blogger 😜😜

Lots of kisses and hugs.😍🥰🥰🥰

Divisións con resto 0

Boaaas!

Hoxe imos a volver a traballar as divisións con decimáis (Non quero ser pesada, pero sei que costa bastante o tema das divisións, e temos que aproveitar agora para repasalas) ata obter un resto 0, é dicir, ata que a división sexa exacta.

Acordádesvos, non?

Cando acabábamos de dividir os números do dividendo e o resto non nos daba 0, que facíamos???

PÚÑAMOS 0 NO DIVIDENDO E BAIXÁBAMOLO, para seguir dividindo, verdade?

Púñamos tantos 0 como fixera falta, ata que nos dera un resto 0.

Ollo! Acordádevos de que iso pode ser infinito e estade atentos a se se repiten os números que imos colocando no divisor, xa que iso é un indicativo de que a división é infinita.

A ver cómo se nos dan:

18,24:24


41,28:96


54,08:8


70,5:25


177,92:16


865,5: 15


Facédeas na libreta de matemáticas, en vez dos dous puntos que poño ahí como símbolo de dividir, vós podedes por a caixiña.

Recordade que cando baixamos a cifra dos decimais, é dicir, a que aparece a dereita da coma no dividendo, temos que por a como no cociente!

Moito, moito, moito ánimo e a seguir así, que sodes todos e todas uns campeós e unha campeonas.


lunes, 30 de marzo de 2020

Máis pelis

                                                                      (De novo)

Déixovos aquí algunhas novas opcións de ocio para que pasedes bos ratos en familia:

100 pelis

Espero que vos gusten e que as disfrutedes.

O dito, moito ánimo e a seguir coidándose moito!

Poesía creativa

Buenos díaaaaaaas y buen comienzo de semana a tod@s!!! 

Recordad que una semana más es una semana menos para vernos y volver a compartir buenos momentos, así que os quiero a tod@s con pensamientos positivos y buena actitud para afrontarla y para ayudar a nuestros papis y mamis en lo que necesiten; por lo que para vosotras familias, MUCHO ÁNIMO TAMBIÉN!!

Hoy vamos a trabajar dos poesías muy facilitas. Las vais a leer tranquilamente en voz baja primero y luego en voz alta (porque sabéis que las poesías al leerlas en voz alta tienen una entonación especial que estoy segura que le sabréis dar) y luego copiaréis la primera en el cuaderno de lengua. Una vez copiada y entendida deberéis dibujar debajo lo que nos indica la poesía o lo que vosotr@s entendéis que quiere decir.

A continuación haréis lo mismo con la segunda poesía.

Primera poesía

Con pinturas de colores
muchas ganas y un pincel,
dibujaré un muñeco
en la hoja de papel.


Cabezón, ojos enormes,
pocos pelos erizados,
brazos cortos, piernas largas
y piecitos redondeados.



La nariz, una rayita,
las orejas, firuletes,
una boca sonriente,
donde asoman varios dientes.



Con su cuerpo de colores
y los brazos estirados,
cuando nos hemos
quedado solos,
un ojito me ha guiñado.



Me siento muy orgulloso
al verlo terminado,
se lo muestro a mis amigos,
¡qué elegante ha quedado!



Nilda Zamataro






Segunda poesía


Se dibuja un redondel
con un lápiz o un pincel,
con mucho pelo, mucho moño,
ojos, cejas y un retoño;
nariz chata de alpargata,
las orejas como almejas,
los pendientes, relucientes,
las pestañas como arañas,
la boca de pitiminí,
doña Sara es así.
El cuerpo, otro redondel
grande como un tonel
y en él se dibuja ahora
la falda de la señora;
las piernas flacas,
los zapatos de tacón
con hebilla y con pompón.
¡Qué señora tan señora,
doña Sara, servidora!

Espero ver a la vuelta esas creaciones tan divertidas y que lo paséis bien haciendo esta actividad.
Un beso grande y mucha fuerza para este comienzo de semana.



viernes, 27 de marzo de 2020

Comprensión lectora de fin de semana

Bos días e feliz venres!

Acabamos unha semaniña máis... moitos parabéns a todos e a todas porque o estades facendo fenomenal; sodes moi responsables!!

Deixovos para que traballedes unha lecturiña como facemos sempre con algúns exercicios divertidos. Lédea ben, buscando palabras que non saibades...

Moito ánimo e seguide así!

Aínda que cada un de nós esté na súa casa, estamos máis unidos que nunca!

Don Celidonio

E non vos olvidedes de facer actividade física

Moitos bicos e que pasedes un fin de semana maravilloso.

jueves, 26 de marzo de 2020

Repaso números decimáis

Bo día!

Estamos xa acabando esta semaniña, hoxe traivos un pequeno repasiño dos números decrimáis, que xa facía días que non traballábamos as mates.

Son moi sinxeliños, facédea como xa sabedes na libreta de matemáticas e axudádevos do tema 6 e dos exercicios feitos na libreta. 

Moitos biquiños!


miércoles, 25 de marzo de 2020

Repasiño de Lengua

Moi bos días, xa estamos a metade de semana... a que pasa rápido o tempo???

Hoxe imos a facer unha fichiña de repaso dalgúns contidos que dimos ata o de agora en lenga castelá. Recordade copiar enunciados!
Facédea con calma e fixándovos ben.

Un saludiño e moito ánimo!

martes, 24 de marzo de 2020

Carta

Bos días e feliz martes!!!!

Hoxe é 24 de marzo e non sei se vos acordades de qué pasaba un un día como hoxe...
TIÑAMOS QUE COÑECER A JORDI SIERRA I FABRA!!!!!

Pero non vos preocupedes que todo isto que estamos deixando de facer estos días volveremos a recuperalo. O importante ahora é estar fortes e unid@s!

Bueno pois relacionado con este autor, quero que lle escribades unha cartiña para facerllas chegar e que llas poidades dar nun próximo encontro cando volvamos ao cole.
Facédeas nun folio. Primeiro hai que pautalo, é dicir, facerlle os renglóns e logo pomos a data na marxe dereita.
A continuación pomos o encabezado: "Querido Jordi", "Para Jordi", "Hola Jordi"... pomos os dous puntos e pasamos a pauta de abaixo para escribir a nosa carta.
Podédeslle contar que vos pareceu o libro, se vos gustou, se non, as ganas que tedes de conocelo, preguntarlle por algum aspecto da historia, se estades de acordo co que pasa...
Podedes tamén facer un debuxo do seu libro.

Finalmente despedídesvos e podes o voso nome o final. Podedes firmar tamén a carta debaixo do voso nome e guardádela nunha carpeta de clase.
Á volta leremos algunhas e buscaremos a forma de facerllas chegar.

Un saludo!!!!!!!!!!!!
E moitos ánimos, un día máis é un día menos para vernos!


lunes, 23 de marzo de 2020

Bo comezo de semana!

Moi bos días a tod@s!!!
¿Cómo foi ese fin de semana?
Volvemos comezar unha semaniña máis, así que espero que cargarades as pilas este fin de semana e sobre todo que esteades moi ben para empezar con ilusión e enerxía!

¿Sabes que empezou o venres pasado? ....                            A Primavera!!!!!!!


¿Qué imos a facer para traballala?

O que facemos sempre en clase coas distintas estacións... unha batería de refráns.
Cada un de vós deberá buscar un refrán relacionado coa primavera ou cos meses desta (marzo, abril, maio e xuño).
Unha vez que teñades o voso refrán seleccionado, podédeslle preguntar aos vosos pais, investigar un pouquiño... ídelo a escribir no caderno de galego.
Quero tamén que antes de escribilo fagades un debuxo relacionado tamén coa primavera e dentro do debuxo escribades o refrán, por exemplo, debuxades unha flor e no círculo do centro escribides "A primavera o sangue altera".
Podedes debuxar o que queirades: un sol, unha mariposa... e logo escribides o refrán no centro, nun lateral... como vos guste máis. Imaxinación a tope!

Logo en clase leremos os diferentes refráns e pasarémolos ao noso recuncho da porta.
Así que mans a obra.
Moitiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiisimo ánimo e moita positividade que en nadiña nos veremos e nos poderemos abrazar, bicar e chocar as mans.
De momento bicos e abrazos virtuais



viernes, 20 de marzo de 2020

Para o fin de semana

Imos a volver a retomar as lecturas nos fin de semana para seguir traballando a comprensión.

Aquí vos deixo a que imos traballar este:


Moito ánimo!!!


Traballo igualdade I

Boas de novo,
Imos a facer unha actividade de vocabulario relacionada coa temática da igualdade entre homes e mulleres, que vola quería facer a semana pasada polo día da muller, pero non houbo tempo.

A primeira parte consiste en que busquedes nun diccionario, os que non tedes sabedes que a Real Academia Española ten diccionario online ( https://www.rae.es/ ), as seguintes palabras:

- Sororidad
- Micromachismo
- Machismo
- Feminismo
- Patriarcado
- Rol de género
- Empoderamiento
- Doble jornada
- Identidad
- Cosificación

Se algunha palabra non vos aparecese no diccionario, o amigo google seguro que o sabe e senón podédeslle pedir axuda aos vosos papis.
Quero que o fagades na libreta de lengua, podedes por de título traballo igualdade e a continuación ides copiando as palabriñas e buscando o significado.

Para a semana faremos a segunda parte.

To be continued...

Problemas de matemáticas

Bos días a todos e a todas!!!

Espero que onte pasarades un moi bo día e celebrárades moito. 
Hoxe volvemos a traballar un pouquiño as matemáticas con estes problemas que vos vou plantexar. 
Recordade copiar o enunciado na libreta de matemáticas, lelo as veces que faga falta, subliñar a pregunta e rodear os datos. Unha vez rodeados colocámolos na marxe e pensamos as operacións. Fixádevos en palabras clave como REPARTIR, AÑADIR, QUITAR...

Aquí volos deixo:

PROBLEMAS 

 1 Beatriz tiene una colección de 405 sellos de animales invertebrados. Cada página tiene 9 sellos. ¿Cuántas páginas tiene el álbum? 

2 Si reparto 94 pegatinas entre 7 amigos. ¿me pueden quedar 9 sin repartir? 

3 En el campamento han recogido 234 piñas. ¿Podrán agruparlas de 16 en 16 sin que sobre ninguna? ¿Y de 18 en 18? 

4 Juana celebra su cumpleaños. Ha llevado al colegio dos bolsas con 100 caramelos cada una. ¿Cuántos caramelos dará a cada uno de sus 23 compañeros de clase?

 5 En una huerta hay una alberca con 5.000 litros de agua. Rosana, la hortelana, se propone gastar cada día alrededor de 350 litros de agua. ¿Cuántos días podrá regar? Si en vez de 350 litros, gasta 300 litros, ¿cuántos días podrá regara ahora?

 6 En un almacén de frutas se agrupan 4.824 manzanas en cajas de una docena. ¿Cuántas cajas se necesitan? ¿Estarán todas completas? ¿Y si las cajas fueran de dos docenas? 

7 El colegio ha ganado un premio de 30 lotes de libros. El director ha repartido 2 libros a cada uno de los 352 alumnos y los 166 restantes los ha llevado a la biblioteca. ¿Cuántos libros tenía cada lote?

 8 Baldomero quiere sustituir su vieja furgoneta. La nueva le cuesta 12.450 € y por la vieja le dan 1.650 €. Si desea pagar la diferencia en 36 plazos iguales, ¿cuánto dinero tiene que pagar en cada plazo? 

9 La actuación fue todo un éxito, vendieron todas las entradas y recaudaron 490 €. El teatro tiene 10 filas de butacas con 7 asientos en cada una. ¿Cuánto cobraron por cada entrada? Si el taquillero hubiera regaló 3 entradas, ¿cuánto hubieran recaudado?

 10 Por participar en un concurso de dibujo, un grupo de 16 chicas y chicos ha obtenido un premio que consiste en 3.200 € en metálico y 12 cajas con 12 botes de témpera cada una. Si se reparten el premio a partes iguales, ¿cuánto corresponde a cada uno?




jueves, 19 de marzo de 2020

Especial día do pai

Seguimos con máis cousiñas para facer este día do pai:

2. Visitas virtuais a lugares históricos.

Fran Zabaleta comparte na súa web un gran número de visitas a lugares históricos súper chulos ideais para que este día do pai visitedes en familia!



3. Para seguir coa vosa viaxe e non ver só monumentos, aquí vos deixo unha serie de museos para poder online:



4. Por último recoméndovos que vexades unha peli en familia, tendo en conta os seus gustos. Hoxe elixe el. Tamén vos deixo unha serie de cortos que me gustaría que vexades muy atentamente.



Moito ánimo, un día máis é un día menos!

#TodoIráBen 

¡Parabéns!

Bos días, hoxe é un día especial e espero que o estedeades pasando como tal. Felicidades a todos esos papis que o dan todo por nós, e tamén a esos irmáns, avós, nais... que moitas veces desempeñan ese rol tamén. Hoxe é o voso día e espero que o disfrutes.

Para elo vouvos deixar unha serie de actividades para facer en familia, pero sobre todo para facer na casa... xa que a pesar diso podemos facer deste día un día especial igual.

1. Imos a bailar en familia coa axuda destes vídeos de "Just Dance":

Coreografías infantiles

A sirenita

Aladín

Gotta feeling

Waka, Waka

A macarena

Coco

Froozen

Disney party

Mary Poppins

Cenicienta

Piratas

Baby Shark

Happy Pharrell

Reto para os nenos


A bailar e pasalo ben!!




miércoles, 18 de marzo de 2020

¡Recordatorio!

Ola guap@s!!

Gustaríame recordarvos que mañá é ese tan esperado "Día do Pai", xoves 19 de marzo, festivo aquí na nosa comuninade. Espero que fixerades os detalliños que tiñamos pensado, ou calquera outro, á volta contádesme que fixestes ó final.

Déixovos un enlace moi guai onde hai varias recetas que podedes facer coa axuda das vosas nais, irm@s... para ter outro detalle mañá cos papis. Algunha delas válenvos para sorprender mañá cun espectacular almorzo, así que anímovos a facelas!

Recetas cuquis para o día do pai

Ánimo e a cociñar e sorprender!


Galego: palabras polisémicas

Déixovos esta actividade para que realicedes na libreta de galego de repaso das palabras polisémicas:


Actividade nº1
Le algúns significados da palabra á e relaciona cada un deles coa oración correspondente.

Á (substantivo). 1. Cada un dos membros do corpo das aves, dos insectos e doutros animais que lles serven para voar. 2. Cada unha das partes que sobresaen no avión. 3. Cada unha das partes que se estenden aos lados do corpo principal dun edificio.

(   )  O avión tivo que facer unha aterraxe de emerxencia porque lle rompeu a á dereita.
(   )  A galiña non pode voar porque ten a á moi pequena.
(   )  Os quirófanos están situados na á dereita do hospital.


Actividade nº2
Explica o significado que ten a palabra polisémica folla en cada oración.

• O meu pai non se puido afeitar porque a folla da navalla non cortaba ben.
• Luís colleu unha folla de castiñeiro para adornar o mural sobre o outono.
• Rachei a folla do caderno porque non me gustaba o debuxo que estaba facendo.


Actividade nº3
Descubre as palabras polisémicas agochadas detrás dos significados e escríbeas.

• Cada apéndice que cobre a pel das aves.
• Instrumento para escribir.
  .............

• Boca das aves.
• Expresión de cariño que se dá cos labios.
  .............

• Parte final das pernas do ser humano.
• Parte inferior do talo das plantas.
  .............


Actividade nº4
Escribe o significado que ten en cada unha destas oracións a palabra cabeza.
• Dóeme moito a cabeza!
• Nesta granxa temos duascentas cabezas.
• Ese rapaz ha chegar lonxe, ten moita cabeza.
• Petou e petou na cabeza do cravo pero non o daba espetado.
• Ese ciclista sempre vai na cabeza da carreira.
• Trouxo dúas cabezas de repolo para facer un cocido.

Recordade que tedes que copiar os enunciados!


Lengua

Buenos días chicas e chicos!!!
Bueno pois xa estamos a mércores, metade de semana, espero que vaiades facendo as cousiñas que vos vou mandando e pasando bos ratiños ó realizalas.
Hoxe vouvos pedir que coa axuda do libro de lengua, continuemos o noso esquema dos determinantes que comezáramos aí atrás cos artigos e cos demostrativos; pois ben, hoxe imos traballar os posesivos. 
Quero que me fagades un resumo no caderno seguindo o  noso esquema, é dicir, podes de título DETERMINANTES II e debaixo 3. Posesivos, xa que o 1. eran os artigos e o 2. os demostrativos, recordades????

Unha vez que puxestes iso ides a definilos, podédesvos axudar do libro, pero intentando polo no caderno coas vosas palabras e por último podes cáles son os posesivos:


Unha vez rematado o resumo dos posesivos ides a facer os exercicios que se corresponden con eles do libro de texto.
Moito ánimo e forza!




martes, 17 de marzo de 2020

Xardinería

Boas de novo!

Nestes días que temos que estar en casa imos invertir o noso tempo tamén na xardinería. Vouvos dar un exemplo de cómo obter unha plantiña moi xeitosiña a partir da semilla dun aguacate. De non teres na casa, podédelo facer con outras semillas como poden ser allos, lentellas, garavanzos, limóns... Eu propóñovos o aguacate, xa que ultimamente está moi de moda e ten moitas propiedades para nós.

- Primeiro temos que sacar "pepita". Imos pedir axuda a un adulto xa que non é moi doada de extraer. A continuación lavámola e clavámoslle 4 palillos en forma de cruz.
- Logo enchemos un vaso con auga e colocamos enriba a semilla, como se ve na foto, de forma que a auga cubra a metade dela.
- Pasadas dúas semaniñas, aproximadamente, veremos que lle comeza a saír un raíz; pois ben, e o momento de pasala a unha maceta (vale a metade dunha botella de auga ou dunha garrafa), retiramos os palillos e plantámola coa raíz cara arriba. 



Déixovos uns exemplos con allos e lentellas:


Este válevos tamén para facelo con fabas ou garavanzos.



Á volta quero que traiades as vosas macetas cos resultados para amosar na clase.
A cultivar tod@s!
Bicos



Máis retos

Deixovos aquí uns enlaces con retos de actividades que podedes facer todos os días:

15 días 15 debuxos

30 planes para cada día





Animádevos

#Euquedonacasa

Divisións

Para ir ocupamdo o tempo deixovos aquí uns exercicios de divisións sen decimais, para que a volta todo o mundo as domine estupendamente. Facédeas como xa sabedes no caderno de matemáticas:

Divisións

Para a próxima subirei un problemiñas, deses que vos gustan tanto :)




Exercicio de Sociais

Ola rapaces e rapazas:

Vouvos explicar a tarefa de sociais que quero que fagades: Ides a debuxar un mapa de España no caderno, cas súas Canarias e cas Baleares (Pensábades que por estar en casa vos iades a librar de facer mapas... pois NON!!!). No mapa, unha vez debuxado, ides a completalo coas formas de relevo que hai na nosa península: montes, serras, mesetas... e cos nomes que teñen; por exemplo, ídesme a colocar onde están os Pirineos, os Montes de León, Serra Nevada... e o nome dos seus cumes.

Déixovos un mapa mudo para que vos guiedes para facelo, pero intentade non calcalo!!
Na páxina 64 do libro de sociais tedes todas as formas de relevo que quero que incluades.


Ánimo e abrazos para todos!

Repaso do adxectivo


Bos días!!!!!!!!!!

Vouvos subir un documneto para que repasedes o adxectivo. Realizádeo no caderno de galego, con boa letra e se hai algo que non sabedes podédeslle dicir aos vosos pais que me manden un correo, ou incluso mandalo vos mesmos!

Se alguén ten problema para velo que me mande un correo e reenvíollo, xa que os documentos de word ou pdf non me deixa subilos... ou polo menos aínda non aprendín a facelo...

Ficha de galego "ADXECTIVO"



lunes, 16 de marzo de 2020

Libros online gratuitos

Vouvos deixar unha páxina web que está súper chula na que hai un montón de libros en pdf para que poidades leer se se vos acaba a biblioteca da casa. De todas formas xa sabedes que tedes que ler "Querido hijo estamos en huega" para a volta!!

Practicade a lectura en voz alta, en voz baixa, lédelle aos vosos pais a un irmán... Os papis podédeslle facer preguntas sobre as lecturas para traballar a comprensión, facer pequenos ditados de textos ou de imaxes, escribir pequenos resumes das leturas... 

Recordade tamén buscar calquera palabra que descoñezades e apuntalas no apartado do vocabulario das nosas libretas de castelán e de galego segundo corresponda. 

Aquí vos deixo o enlace


A volta recordade que temos que seguir coloreando os nosos lectómetros, polo tanto... a porse as pilas!!


(Como podedes ver aprendín a por Gifts)

Recado da profe de Naturais

Boas tardes!

Traiovos un recadiño da profe de naturais: tedes que repasar o dado neste trimestre e ir facendo en ratos que teñades as activiades que se corresponden con el, SOAMENTE DO DADO NESTE TRIMESTRE.
Se non sabedes ou non entendedes algunha non pasa nada, deixadela e pasades a seguinte. Á volta explicaranse todas as dudas.

Biquiños cibernéticos



Escritura creativa

Imos a seguir co xogo da escritura creativa que fixemos as últimas semanas (o das tarxetiñas) e cada un de vós vai elexir unha delas para facer unha pequena redacción no caderno de lengua. Outro día farémolo no de galego.

Vouvos deixar aqui abaixo as tarxetas, que tan pronto ás vin souben que sería un gran recurso para traballar a escritura, e quen queira e poida pode imprimilas para darlle máis uso. Cada un de vós deberá escoller a que máis lle guste e realizar o que nos pide. Non fai falta dicir que o fagades con boa letra e ¡sen faltas! 






Espero que vos divertades moito con elas.
Un abrazo forte

Proposta de horario

Bos días!!!!!!
Hoxe comeza o primeiro día que nos pode parecer máis raro, xa que é luns e estamos en casa... cando deberíamos estar na nosa clase de 5º.
Para intentar que as nosas rutinas non cambien moito, aínda que mudemos de espacio físico, vouvos propor un horario que elaborei baseándome en moitos que xa circulan a través de internet.


Espero que vos sirva e vos axude para afrontar estas semanas. Calquera cousa escribídeme ao meu correo.
Moitos bicos e ánimos.
Soraya

domingo, 15 de marzo de 2020

Que non falten as clases de Educación Física

Boas noites!

Volvo pasarme por aquí para decirvos que non nos podemos olvidar do deporte e o feito de estar en casa non vai ser un impedimento para elo. Vou deixarvos uns vídeos de Zumba que podedes realizar tranquilamente na vosa casa: no salón, habitación... E o mellor que ten é que podedes realizar os movementos e os bailes en grupo! O venres estivémolos realizando en clase e foi todo un éxito así que xa me contaredes qué tal.

Pouco a pouco ireivos subindo máis exercicios que se poidan realizar tranquilamente na casa sen lamentar algún desperdicio.






De todas formas en Youtube, pondo "Zumba Kids" tedes un montón máis. A ver que se atreve cos de adultos...
Un abrazo
Soraya



Recomendacións de Pelis

Déixovos neste enlace unha recopilación de 100 películas ás que podedes acceder dende Youtube para pasar un ratiño en familia e disfrutando dunhas boas palomitas.

Películas para todos os gustos

Espero que as disfrutedes!!!!

Un pouquiño de repaso de matemáticas

Imos seguir co repaso das operacións de números decimáis que estábamos dando estes días. Vou deixar unha ficha de repaso dalgunhas delas, aínda que a semana que vén seguirei colgándovos máis cousiñas. Facédea no caderno de matemáticas.



Non vos olvidedes de repasar o anterior tema en ratiños que vaiades tendo.
Un saúdo e moito ánimo!
Soraya

Papis NON miredes!!!!

Boas de novo,
Vouvos deixar aqui a manualidade para o día do pai da que falamos en clase, xa que o feito de estar na casa non vai ser un impedimento para seguir adiante cos nosos plans.
Recordade o dito tamén, o feito de que sexa o día do pai non implica que teña que ser un regalo para os nosos país, senón para esa persona especial ca que vos apetece ter un detalliño: un irmán maior, un avó...
Sede discretos á hora de realizala para poder sorprender este xoves 19 de marzo.

Qué material necesitamos para realizar a nosa Tarxeta Rasca e Gana?
- Cartulina de dúas cores; unha oscura e outra máis clara.
- Lapis e regra.
- Tesoiras e compás (ou calquera obxecto que nos sirva de molde como a tapa dun pegamento)
- Rotuladores
- Forro de libros
- Pincel e pintura acrílica de calquera cor
- Xabón da louza

A continuación déixovos un titorial onde explica como realizala paso a paso:



Sede creativos e pensade en cousas que lle fagan ilusión como as que falamos en clase. A modo de recordatorio: Vale por un abrazo dun minuto, tarde de cine para ver a súa peli favorita...
Un bico virtual

Comenzamos uns días diferentes...


Ola meus guapis:

Como xa dixemos o último día de clase, durante estes 15 días cambiamos o noso lugar de aprendizaxe polo ben de todos e de todas, pero iso non quere dicir que esteamos de vacacións, senón que seguiremos traballando cada un e cada unha dende a nosa casa.

Pídovos paciencia e que axudedes moito na casa ás vosas nais e pais, xa que aínda que non poidamos saír hai moitísimas cousas que podemos facer dende a nosa casa.

Vouvos propor dos retos que sei que vos van a gustar moito e que moitos nenos e nenas están levando a cabo:

1. O primeiro trátase de realizar un cartel, nunha cartulina ou nun folio, ou incluso unha pancarta onde debuxedes un arco íris e escribades unha mensaxe positiva (como as que temos feito na clase) por exemplo: xuntos/as podemos, todo vai saír ben... Podedes pedirlle aos vosos país e nais que vos axuden. Logo tedes que colocar o cartel nunha ventana, para que a xente que o vexa se anime a colocar un tamén e así xuntos pómoslle un pouco de alegría e color a estas semanas.

2. Como xa vimos dicindo estos días a nosa hixiene é máis importante do normal e sobre todo a hixiene da nosas mans. Para facer máis divertido o feito de ter que estar lavándonos as mans con frecuencia, propóñovos realizar o seguinte xogo:


O porqué da importancia de lavar as mans constantemente resúmese neste vídeo:


Espero que fagades estes primeiros retos. Un saludo para todos e todas, coidádevos moito.
Soraya