miércoles, 18 de marzo de 2020

Galego: palabras polisémicas

Déixovos esta actividade para que realicedes na libreta de galego de repaso das palabras polisémicas:


Actividade nº1
Le algúns significados da palabra á e relaciona cada un deles coa oración correspondente.

Á (substantivo). 1. Cada un dos membros do corpo das aves, dos insectos e doutros animais que lles serven para voar. 2. Cada unha das partes que sobresaen no avión. 3. Cada unha das partes que se estenden aos lados do corpo principal dun edificio.

(   )  O avión tivo que facer unha aterraxe de emerxencia porque lle rompeu a á dereita.
(   )  A galiña non pode voar porque ten a á moi pequena.
(   )  Os quirófanos están situados na á dereita do hospital.


Actividade nº2
Explica o significado que ten a palabra polisémica folla en cada oración.

• O meu pai non se puido afeitar porque a folla da navalla non cortaba ben.
• Luís colleu unha folla de castiñeiro para adornar o mural sobre o outono.
• Rachei a folla do caderno porque non me gustaba o debuxo que estaba facendo.


Actividade nº3
Descubre as palabras polisémicas agochadas detrás dos significados e escríbeas.

• Cada apéndice que cobre a pel das aves.
• Instrumento para escribir.
  .............

• Boca das aves.
• Expresión de cariño que se dá cos labios.
  .............

• Parte final das pernas do ser humano.
• Parte inferior do talo das plantas.
  .............


Actividade nº4
Escribe o significado que ten en cada unha destas oracións a palabra cabeza.
• Dóeme moito a cabeza!
• Nesta granxa temos duascentas cabezas.
• Ese rapaz ha chegar lonxe, ten moita cabeza.
• Petou e petou na cabeza do cravo pero non o daba espetado.
• Ese ciclista sempre vai na cabeza da carreira.
• Trouxo dúas cabezas de repolo para facer un cocido.

Recordade que tedes que copiar os enunciados!


No hay comentarios:

Publicar un comentario