martes, 17 de marzo de 2020

Xardinería

Boas de novo!

Nestes días que temos que estar en casa imos invertir o noso tempo tamén na xardinería. Vouvos dar un exemplo de cómo obter unha plantiña moi xeitosiña a partir da semilla dun aguacate. De non teres na casa, podédelo facer con outras semillas como poden ser allos, lentellas, garavanzos, limóns... Eu propóñovos o aguacate, xa que ultimamente está moi de moda e ten moitas propiedades para nós.

- Primeiro temos que sacar "pepita". Imos pedir axuda a un adulto xa que non é moi doada de extraer. A continuación lavámola e clavámoslle 4 palillos en forma de cruz.
- Logo enchemos un vaso con auga e colocamos enriba a semilla, como se ve na foto, de forma que a auga cubra a metade dela.
- Pasadas dúas semaniñas, aproximadamente, veremos que lle comeza a saír un raíz; pois ben, e o momento de pasala a unha maceta (vale a metade dunha botella de auga ou dunha garrafa), retiramos os palillos e plantámola coa raíz cara arriba. 



Déixovos uns exemplos con allos e lentellas:


Este válevos tamén para facelo con fabas ou garavanzos.



Á volta quero que traiades as vosas macetas cos resultados para amosar na clase.
A cultivar tod@s!
Bicos



No hay comentarios:

Publicar un comentario