martes, 31 de marzo de 2020

Divisións con resto 0

Boaaas!

Hoxe imos a volver a traballar as divisións con decimáis (Non quero ser pesada, pero sei que costa bastante o tema das divisións, e temos que aproveitar agora para repasalas) ata obter un resto 0, é dicir, ata que a división sexa exacta.

Acordádesvos, non?

Cando acabábamos de dividir os números do dividendo e o resto non nos daba 0, que facíamos???

PÚÑAMOS 0 NO DIVIDENDO E BAIXÁBAMOLO, para seguir dividindo, verdade?

Púñamos tantos 0 como fixera falta, ata que nos dera un resto 0.

Ollo! Acordádevos de que iso pode ser infinito e estade atentos a se se repiten os números que imos colocando no divisor, xa que iso é un indicativo de que a división é infinita.

A ver cómo se nos dan:

18,24:24


41,28:96


54,08:8


70,5:25


177,92:16


865,5: 15


Facédeas na libreta de matemáticas, en vez dos dous puntos que poño ahí como símbolo de dividir, vós podedes por a caixiña.

Recordade que cando baixamos a cifra dos decimais, é dicir, a que aparece a dereita da coma no dividendo, temos que por a como no cociente!

Moito, moito, moito ánimo e a seguir así, que sodes todos e todas uns campeós e unha campeonas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario