Vouvos deixar aqui a manualidade para o día do pai da que falamos en clase, xa que o feito de estar na casa non vai ser un impedimento para seguir adiante cos nosos plans.
Recordade o dito tamén, o feito de que sexa o día do pai non implica que teña que ser un regalo para os nosos país, senón para esa persona especial ca que vos apetece ter un detalliño: un irmán maior, un avó...
Sede discretos á hora de realizala para poder sorprender este xoves 19 de marzo.
Qué material necesitamos para realizar a nosa Tarxeta Rasca e Gana?
- Cartulina de dúas cores; unha oscura e outra máis clara.
- Lapis e regra.
- Tesoiras e compás (ou calquera obxecto que nos sirva de molde como a tapa dun pegamento)
- Rotuladores
- Forro de libros
- Pincel e pintura acrílica de calquera cor
- Xabón da louza
A continuación déixovos un titorial onde explica como realizala paso a paso:
Un bico virtual
No hay comentarios:
Publicar un comentario