miércoles, 18 de marzo de 2020

Lengua

Buenos días chicas e chicos!!!
Bueno pois xa estamos a mércores, metade de semana, espero que vaiades facendo as cousiñas que vos vou mandando e pasando bos ratiños ó realizalas.
Hoxe vouvos pedir que coa axuda do libro de lengua, continuemos o noso esquema dos determinantes que comezáramos aí atrás cos artigos e cos demostrativos; pois ben, hoxe imos traballar os posesivos. 
Quero que me fagades un resumo no caderno seguindo o  noso esquema, é dicir, podes de título DETERMINANTES II e debaixo 3. Posesivos, xa que o 1. eran os artigos e o 2. os demostrativos, recordades????

Unha vez que puxestes iso ides a definilos, podédesvos axudar do libro, pero intentando polo no caderno coas vosas palabras e por último podes cáles son os posesivos:


Unha vez rematado o resumo dos posesivos ides a facer os exercicios que se corresponden con eles do libro de texto.
Moito ánimo e forza!




No hay comentarios:

Publicar un comentario