martes, 24 de marzo de 2020

Carta

Bos días e feliz martes!!!!

Hoxe é 24 de marzo e non sei se vos acordades de qué pasaba un un día como hoxe...
TIÑAMOS QUE COÑECER A JORDI SIERRA I FABRA!!!!!

Pero non vos preocupedes que todo isto que estamos deixando de facer estos días volveremos a recuperalo. O importante ahora é estar fortes e unid@s!

Bueno pois relacionado con este autor, quero que lle escribades unha cartiña para facerllas chegar e que llas poidades dar nun próximo encontro cando volvamos ao cole.
Facédeas nun folio. Primeiro hai que pautalo, é dicir, facerlle os renglóns e logo pomos a data na marxe dereita.
A continuación pomos o encabezado: "Querido Jordi", "Para Jordi", "Hola Jordi"... pomos os dous puntos e pasamos a pauta de abaixo para escribir a nosa carta.
Podédeslle contar que vos pareceu o libro, se vos gustou, se non, as ganas que tedes de conocelo, preguntarlle por algum aspecto da historia, se estades de acordo co que pasa...
Podedes tamén facer un debuxo do seu libro.

Finalmente despedídesvos e podes o voso nome o final. Podedes firmar tamén a carta debaixo do voso nome e guardádela nunha carpeta de clase.
Á volta leremos algunhas e buscaremos a forma de facerllas chegar.

Un saludo!!!!!!!!!!!!
E moitos ánimos, un día máis é un día menos para vernos!


No hay comentarios:

Publicar un comentario