Moi bos días a tod@s!!!
¿Cómo foi ese fin de semana?
Volvemos comezar unha semaniña máis, así que espero que cargarades as pilas este fin de semana e sobre todo que esteades moi ben para empezar con ilusión e enerxía!
¿Sabes que empezou o venres pasado? .... A Primavera!!!!!!!
¿Qué imos a facer para traballala?
O que facemos sempre en clase coas distintas estacións... unha batería de refráns.
Cada un de vós deberá buscar un refrán relacionado coa primavera ou cos meses desta (marzo, abril, maio e xuño).
Unha vez que teñades o voso refrán seleccionado, podédeslle preguntar aos vosos pais, investigar un pouquiño... ídelo a escribir no caderno de galego.
Quero tamén que antes de escribilo fagades un debuxo relacionado tamén coa primavera e dentro do debuxo escribades o refrán, por exemplo, debuxades unha flor e no círculo do centro escribides "A primavera o sangue altera".
Podedes debuxar o que queirades: un sol, unha mariposa... e logo escribides o refrán no centro, nun lateral... como vos guste máis. Imaxinación a tope!
Logo en clase leremos os diferentes refráns e pasarémolos ao noso recuncho da porta.
Así que mans a obra.
Moitiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiisimo ánimo e moita positividade que en nadiña nos veremos e nos poderemos abrazar, bicar e chocar as mans.
De momento bicos e abrazos virtuais
Gracias
ResponderEliminarYago
Hola profe, soy Martina, buenos días y muchas gracias
ResponderEliminarA vosotros chicos! un besazo.
ResponderEliminar