martes, 17 de marzo de 2020

Exercicio de Sociais

Ola rapaces e rapazas:

Vouvos explicar a tarefa de sociais que quero que fagades: Ides a debuxar un mapa de España no caderno, cas súas Canarias e cas Baleares (Pensábades que por estar en casa vos iades a librar de facer mapas... pois NON!!!). No mapa, unha vez debuxado, ides a completalo coas formas de relevo que hai na nosa península: montes, serras, mesetas... e cos nomes que teñen; por exemplo, ídesme a colocar onde están os Pirineos, os Montes de León, Serra Nevada... e o nome dos seus cumes.

Déixovos un mapa mudo para que vos guiedes para facelo, pero intentade non calcalo!!
Na páxina 64 do libro de sociais tedes todas as formas de relevo que quero que incluades.


Ánimo e abrazos para todos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario