domingo, 15 de marzo de 2020

Comenzamos uns días diferentes...


Ola meus guapis:

Como xa dixemos o último día de clase, durante estes 15 días cambiamos o noso lugar de aprendizaxe polo ben de todos e de todas, pero iso non quere dicir que esteamos de vacacións, senón que seguiremos traballando cada un e cada unha dende a nosa casa.

Pídovos paciencia e que axudedes moito na casa ás vosas nais e pais, xa que aínda que non poidamos saír hai moitísimas cousas que podemos facer dende a nosa casa.

Vouvos propor dos retos que sei que vos van a gustar moito e que moitos nenos e nenas están levando a cabo:

1. O primeiro trátase de realizar un cartel, nunha cartulina ou nun folio, ou incluso unha pancarta onde debuxedes un arco íris e escribades unha mensaxe positiva (como as que temos feito na clase) por exemplo: xuntos/as podemos, todo vai saír ben... Podedes pedirlle aos vosos país e nais que vos axuden. Logo tedes que colocar o cartel nunha ventana, para que a xente que o vexa se anime a colocar un tamén e así xuntos pómoslle un pouco de alegría e color a estas semanas.

2. Como xa vimos dicindo estos días a nosa hixiene é máis importante do normal e sobre todo a hixiene da nosas mans. Para facer máis divertido o feito de ter que estar lavándonos as mans con frecuencia, propóñovos realizar o seguinte xogo:


O porqué da importancia de lavar as mans constantemente resúmese neste vídeo:


Espero que fagades estes primeiros retos. Un saludo para todos e todas, coidádevos moito.
Soraya

No hay comentarios:

Publicar un comentario