Hoxe comeza o primeiro día que nos pode parecer máis raro, xa que é luns e estamos en casa... cando deberíamos estar na nosa clase de 5º.
Para intentar que as nosas rutinas non cambien moito, aínda que mudemos de espacio físico, vouvos propor un horario que elaborei baseándome en moitos que xa circulan a través de internet.
Espero que vos sirva e vos axude para afrontar estas semanas. Calquera cousa escribídeme ao meu correo.
Moitos bicos e ánimos.
Soraya
No hay comentarios:
Publicar un comentario